Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Xoves, 13 de decembro de 2001 Páx. 15.925

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MUGARDOS

REFORMADO do proxecto de compensación do Baño: rectificación de erro material.

Visto o escrito presentado por Carlos Abal Lourido en representación de Mahía Inmobiliaria, S.L. rela

tivo á solicitude de rectificación do erro material producido na descrición do predio resultante nº 33 do reformado do proxecto de compensación, aprobado definitivamente pola Comisión Municipal de Goberno de data 3-8-2001.

Comprobado que efectivamente na descrición da predio resultante nº 33, así como no plano 02 do citado proxecto se produciu o erro material indicado, a Comisión de Goberno por unanimidade acorda:

Primeiro.-Rectificar o erro material producido na descrición do predio resultante nº 33 do reformado do proxecto de compensación do Baño, do polígono único do Plan parcial do Baño, así como no plano 02 do citado reformado do proxecto de compensación.

Segundo.-Facer constar que o erro material que se cometeu consistiu en que se fixo constar como superficie do predio resultante nº 33, (vías) a de 19.411,45 m, cando a superficie correcta é a de 18.653,22 m, tal e como resulta e consta na superficie total de vías que figuran no Plan parcial do que trae causa o reformado do proxecto de compensación, que é de 22.967,47 m, á que se lle ten que detrae-la a superficie ocupada pola estrada da Palma, de 4.314,25 m.

Contra o acordo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Así mesmo, os interesados poderán interpor calquera outro recurso que estimen pertinente.

Mugardos, 4 de decembro de 2001.

Ramón Toimil Saavedra

Alcalde