Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Xoves, 13 de decembro de 2001 Páx. 15.925

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MORAÑA

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Moraña. Expediente número: 6/2001.

2. Obxecto do contrato: execución das obras do proxecto de adaptación e rehabilitación casa de cultura de Santa Lucía, 2ª fase.

3. Forma de adxudicación: concurso, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria.

4. Orzamento base de licitación: 9.900.000 pesetas (59.500,198 euros).

5. Garantía provisional: 198.000 pesetas. Garantía definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Presentación de ofertas: no rexistro xeral da secretaría do Concello de Moraña, en horario de 9 a 14 horas, no prazo de vinteseis días naturais a partir da publicación no Diario Oficial de Galicia, (se o último día coincidise en sábado, trasladarase ó primeiro día hábil).

7. Modelo de proposición: a oferta, xunto coa restante documentación esixible no prego de cláusulas administrativas, presentaranse consonte o seguinte modelo:

Don/Dona....., con DNI núm....., expedido en....., con data....., en nome propio (ou en representación de....., como acredita por.....), informado/a da convocatoria de concurso polo procedemento aberto, anunciada no Diario Oficial de Galicia núm....., de data....., toma parte nela e comprométese a realza-la obra de adaptación e rehabilitación casa de cultura de Santa Lucía, 2ª fase, no prezo de....., (en letra e número), comprendendo esta oferta o prezo da contrata e o importe do imposto sobre o valor engadido, de acordo co proxecto técnico e co prego de cláusulas administrativas que acepta integramente. Lugar, data e sinatura.

8. Apertura das ofertas: no salón de sesións do Concello de Moraña, ás 14 horas do quinto día seguinte hábil ó do remate de presentación de ofertas, excepto sábados.

9. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

10. Exposición do prego de cláusulas administrativas: durante o prazo de 8 días hábiles seguintes ó da publicación deste anuncio.

Moraña, 19 de novembro de 2001.

José A. Eiras Paz

Alcalde