Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Xoves, 13 de decembro de 2001 Páx. 15.902

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 16 de novembro de 2001 pola que se fan públicas as adxudicacións de varios contratos administrativos.

En cumprimento do disposto no artigo 93.2º do Decreto lexislativo 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, fanse públicas as adxudicacións dos seguintes contratos administrativos:

-Realización dun proxecto de demostración da AGI, financiado con Feder, dentro do programa europeo Sociedade da Información.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Comunicación Social e Audiovisual.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: de subministracións.

b) Descrición do obxecto: realización dun proxecto de demostración da AGI.

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 119, do 20 de xuño de 2001.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Oitenta e cinco millóns novecentas once mil pesetas (85.911.000 pesetas), IVE incluído, dividido en tres lotes:

Lote 1: 30.000.000 de pesetas, IVE incluído.

Lote 2: 30.000.000 de pesetas, IVE incluído.

Lote 3: 25.911.000 pesetas, IVE incluído.

5. Adxudicación.

Lote 1:

a) Data: 7-8-2001.

b) Contratista: Silman 97, S.L.

c) Importe de adxudicación: vinteoito millóns novecentas mil (28.900.000) pesetas, IVE incluído.

Lote 2:

a) Data: 7-8-2001.

b) Contratista: Silman 97, S.L.

c) Importe de adxudicación: vinteoito millóns novecentas mil (28.900.000) pesetas, IVE incluído.

Lote 3:

a) Data: 7-8-2001.

b) Contratista: Silman 97, S.L.

c) Importe de adxudicación: vintecinco millóns cento trinta e seis mil (25.136.000) pesetas, IVE incluído.

-Subministración e instalación dunha unidade de control de multiconferencia para conectar á AGI, financiada con fondos Feder.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Comunicación Social e Audiovisual.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: de subministracións.

b) Descrición do obxecto: subministración e instalación dunha unidade de control de multiconferencia para conectar á AGI.

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 124, do 27 de xuño de 2001.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Vintedous millóns seiscentas trece mil cento vintenove (22.613.129) pesetas, IVE incluído.

5. Adxudicación.

a) Data: 14-8-2001.

b) Contratista: Fujitsu ICL España, S.A.

c) Importe de adxudicación: vintedous millóns seiscentas trece mil cento vintenove (22.613.129) pesetas, IVE incluído.

-Subministración e instalación de cinco radioenlaces PDH de 4x2 Mbps.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Comunicación Social e Audiovisual.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: de subministracións.

b) Descripción do obxecto: subministración e instalación de 5 radioenlaces PDH de 4x2 Mbps.

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 131, do 6 de xullo de 2001.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Trinta e catro millóns (34.000.000) de pesetas, IVE incluído, dividido en catro lotes:

Lote 1: 6.800.000 pesetas, IVE incluído.

Lote 2: 6.800.000 pesetas, IVE incluído.

Lote 3: 6.800.000 pesetas, IVE incluído.

Lote 4: 13.600.000 pesetas, IVE incluído.

5. Adxudicación.

Lotes 1 e 4:

a) Data: 22-8-2001.

b) Contratista: Gallega de Sistemas y Telecomunicaciones, S.L.

Importe de adxudicación:

Lote 1: seis millóns setecentas sesenta mil pesetas (6.760.000 pesetas), IVE incluído.

Lote 4: trece millóns cincocentas vinte mil pesetas (13.520.000 pesetas), IVE incluído.

Lotes 2 e 3:

a) Data: 22-8-2001.

b) Contratista: Construcciones y Montajes Eléctricos Santos Héctor, S.L.

Importe de adxudicación:

Lote 2: seis millóns setecentas sesenta mil pesetas (6.760.000 pesetas), IVE incluído.

Lote 3: seis millóns setecentas sesenta mil pesetas (6.760.000 pesetas), IVE incluído.

-Subministración e instalación de dous radioenlaces SDH, STM-1 de 155 Mbps.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Comunicación Social e Audiovisual.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: de subministracións.

b) Descrición do obxecto: subministración e instalación de 2 radioenlaces SDH, STM-1 de 155 Mbps.

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 137, do 16 de xullo de 2001.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Corenta e un millóns de pesetas (41.000.000 de pesetas), IVE incluído, dividido en dous lotes:

Lote 1: 20.500.000 pesetas, IVE incluído.

Lote 2: 20.500.000 pesetas, IVE incluído.

5. Adxudicación.

Lote 1:

a) Data: 24-8-2001.

b) Contratista: Gallega de Sistemas y Telecomunicaciones, S.L.

Importe de adxudicación: vinte millóns catrocentas corenta e oito mil pesetas (20.448.000 pesetas), IVE incluído.

-Asistencia técnica para o apoio das accións dos proxectos EA-B1E número 2.6 e EA-B1E número 2.7 da iniciativa comunitaria Interreg II C Espacio Atlántico.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Comunicación Social e Audiovisual.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: de consultoría e asistencia.

b) Descrición do obxecto: apoio das accións dos proxectos EA-B1E número 2.6 e EA-B1E número 2.7 da iniciativa comunitaria Interreg II C Espacio Atlántico.

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 168, do 30 de agosto de 2001.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Dez millóns catrocentas mil pesetas (10.400.000 pesetas), IVE incluído, dividido en dous lotes:

Lote 1: 5.200.000 pesetas, IVE incluído.

Lote 2: 5.200.000 pesetas, IVE incluído.

5. Adxudicación.

Lotes 1:

a) Data: 21-9-2001.

b) Contratista: Nortideas Comunicación, S.L.

Importe de adxudicación: cinco millóns cento noventa e unha mil pesetas (5.191.000 pesetas), IVE incluído.

Lote 2:

a) Data: 21-9-2001.

b) Contratista: Nortideas Comunicación, S.L.

Importe de adxudicación: cinco millóns cento noventa e unha mil pesetas (5.191.000 pesetas), IVE incluído.

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2001.

P.D. (Orde 15-12-1997)

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo