Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Xoves, 13 de decembro de 2001 Páx. 15.901

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 2001 pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso, procedemento aberto e tramitación ordinaria, da subministración de material de oficina e material informático non inventariable para a Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración de material de oficina e material informático non inventariable para a Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, de acordo cos pregos que rexen esta contratación.

b) División por lotes e número: dous.

c) Lugar de execución: o que se especifique no prego de prescricións técnicas.

d) Prazo de execución: desde a sinatura do contrato ata o 31 de decembro de 2002 e prorrogable por un ano máis co incremento do IPC.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 19.000.000 de pesetas/114.192,30 euros.

Lote 1: 10.000.000 de pesetas/60.101,20 euros.

Lote 2: 9.000.000 de pesetas/54.091,10 euros.

5. Garantías.

Provisional:

Lote 1: 200.000 pesetas/1.202,02 euros.

Lote 2: 180.000 pesetas/1.081,82 euros.

Definitiva: o 4% do orzamento de adxudicación de cada lote.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Teléfono: 981 54 57 87.

e) Telefax: 981 54 57 62.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, tódolos días laborables, excepto sábados, desde as 9 ás 14 horas.

Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación a través da Internet no enderezo:

http://www.xunta.es/contratacion

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará ós quince días naturais, ás 14 horas, a non ser que o último día fose sábado ou inhábil, caso no que se prorrogará o prazo ó primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria (edificios administrativos de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

d) Prazo durante o cual o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

8. Posibilidade de variantes.

Non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela, 15771.

d) Data: terá lugar en acto público, na sala de xuntas da consellería o sétimo día hábil seguinte ó da finalización do prazo de presentación das ofertas; a non ser que fose sábado, caso no que se prorrogará o prazo ó primeiro día hábil seguinte.

e) Hora: 13 horas.

10. Gastos de anuncios.

O importe do anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2001.

P.D. (Orde 12-1-2001)

José Antonio Álvarez Vidal

Secretario xeral da Consellería de Agricultura,

Gandería e Política Agroalimentaria