Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Xoves, 13 de decembro de 2001 Páx. 15.900

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o outorgamento do permiso de investigación nomeado Pedra que Fala 2736.

A Delegación Provincial de Pontevedra fai saber que, con data 17-7-2001, se outorgou a Marcelino Martínez, S.L. o permiso de investigación nomeado Pedra que Fala 2736, de cinco cuadrículas mineiras para recursos de sección C) granito ornamental, que se sitúa nos termos municipais de Ponteareas, O Porriño e Salceda de Caselas, da provincia de Pontevedra, sendo as súas coordenadas xeográficas as seguintes:

VérticeLonxitudeLatitude

18º 35' 00''42º 10' 00''

28º 34' 40''42º 10' 00''

38º 34' 40''42º 08' 40''

48º 35' 20''42º 08' 40''

58º 35' 20''42º 09' 00''

68º 35' 00''42º 09' 00''

O que se fai público para xeral coñecemento e en cumprimento do artigo 101 do Regulamento xeral para o réxime da minería, do 25 de agosto de 1978.

Pontevedra, 5 de novembro de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra