Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Xoves, 13 de decembro de 2001 Páx. 15.899

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/338-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Electra del Jallas, S.A.

Domicilio social: praza da Constitución, 17, 15270 Cee.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. A Curra.

Situación: Carnota.

Descricións técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV sobre apoios de formigón e conductor LA-56, de 147 m de lonxitude, coa orixe no apoio nº 77 da liña Pontella-Alivia e final no C.T. A Curra, que se vai instalar. Centro de transformación, tipo intemperie, sobre apoio de formigón de 50 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV na Curra, do que parte rede de baixa tensión, sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 95 m de lonxitude que se conecta a rede existente. Concello de Carnota.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285), e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

As instalacións executaranse nun prazo non superior a seis meses, contados a partir da data desta resolución.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.

A Coruña, 30 de outubro de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña