Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Xoves, 13 de decembro de 2001 Páx. 15.866

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 2001 pola que se fai pública a convocatoria do concurso voluntario de traslados para a provisión de prazas de persoal sanitario non facultativo e persoal non sanitario das institucións sanitarias dependentes do Servicio Galego de Saúde.

O pacto subscrito pola administración sanitaria coas centrais sindicais UGT, CEMS-SATSE, CC.OO-, CIG e CSI-CSIF publicado no DOG nº 132, do 10 de xullo de 1998, recolle o plan de provisión e selección de diversas categorías de persoal estatutario das institucións sanitarias do Sergas.

O referido plan estructúrase en tres procesos de provisión e dous de selección que se executarán no horizonte temporal de 1998, 1999 e 2000.

Así, por resolución do 9 de xullo de 1998 convocouse concurso de traslados que foi resolto o 9 de decembro de 1998. Posteriormente, por Resolución do 25 de maio de 1999, convocouse o segundo concurso de traslados que foi resolto pola resolución do 14 de febreiro de 2000.

Pola súa parte, e polo que se refire ós procesos de selección, foron convocados polas resolucións do 28 de decembro de 1998 e de 20 de marzo de 2001, respectivamente.

Cómpre, polo tanto, proceder á convocatoria do terceiro dos procesos de provisión previstos no citado pacto.

En consecuencia, acórdase a publicación da convocatoria para cubrir por concurso voluntario de traslados as prazas das categorías seguintes: axudante técnico sanitario/diplomado universitario en enfermería (ATS/DUE), matrona, fisioterapeuta, técnico especialista de laboratorio (TEL), técnico especialista en radiodiagnóstico (TER), técnico especialista en anatomía patolóxica (TEAP), hixienista dental, auxiliar de enfermería, grupo técnico da función administrativa-rama xurídica e rama económica-, grupo de xestión da función administrativa, traballador social, grupo auxiliar da función administrativa, persoal de servicios xerais, celador, cociñeiro, pinche.

En virtude do artigo 19.2º do Decreto 49/1998 (DOG nº 33, do 18 de febreiro) e da letra d) do artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio), este centro directivo ten asignadas competencias delegadas para a convocatoria e resolución de concursos de traslados para a provisión de prazas das áreas de saúde, institucións e servicios sanitarios do Sergas.

É competente o Servicio Galego de Saúde, de acordo co disposto no artigo 15.8º a) da Lei 4/1998, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e no artigo 7.2º d) da Lei 1/1989, do 2 de xaneiro, do Servicio Galego de Saúde, na súa redacción dada pola Lei 8/1991, do 23 de xullo; e logo de negociación na mesa sectorial de persoal sanitario,

RESOLVE:

Artigo único.-Dispoñe-la publicación da convocatoria do concurso voluntario de traslados para a provisión das prazas relacionadas no anexo III á presente resolución, correspondentes a institucións sanitarias dependentes do Servicio Galego de Saúde, así como aproba-las bases e baremo de méritos que rexerán a convocatoria, contidos respectivamente nos anexos I e II desta resolución.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá formularse recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado competente, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Potestativamente, no prazo dun mes, poderá interpoñerse recurso de reposición ante este centro directivo.

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2001.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos

do Servicio Galego de Saúde

ANEXO I

Bases

1. Normas xerais:

1.1. Convócanse, para a súa provisión por concurso de traslados, as prazas básicas vacantes do persoal estatutario do Sergas que se especifican para cada categoría no anexo III desta resolución, podendo soli

citarse por orde de preferencia, parte delas ou a totalidade da categoría á que se concursa, sen prexuízo do disposto na base 2.6 respecto dos concursantes forzosos.

1.2. As prazas de atención especializada distribúense por centros ou complexos hospitalarios.

1.3. As prazas de atención primaria que se convocan, referidas ó persoal sanitario non facultativo e non sanitario, pertencen ós distintos centros de xestión de atención primaria existentes na Comunidade Autónoma galega, indicándose no anexo III entre paréntese cando o número de prazas ofertadas nunha localidade é maior dunha.

Os aspirantes ás prazas vacantes nos centros de xestión ós que se refire o parágrafo anterior, indicarán na súa solicitude o código da localidade ou localidades ás que opten, establecendo unha orde de preferencia. Os aspirantes que non soliciten alomenos unha localidade, quedarán automaticamente excluídos do concurso.

Así mesmo, soamente se lles adxudicarán ós aspirantes as prazas das localidades expresamente solicitadas, sen que caiba a posibilidade de adxudicación doutra praza dunha localidade que non estivese consignada na solicitude que se formule.

1.4. O concurso rexerase polas presentes bases e, no seu defecto, aplicarase o establecido nos parágrafos 3º e 4º do artigo 11 da Lei 30/1999, do 5 de outubro, de selección e provisión de prazas de persoal estatutario dos servicios de saúde, así como o contido no capítulo II, sección primeira do Real decreto lei 1/1999, do 8 de xaneiro, que de acordo co establecido na disposición derrogatoria única da citada lei segue vixente con rango regulamentario.

2. Requisitos que teñen que reuni-los concursantes:

2.1. Poderá participar neste concurso de traslados o persoal estatutario fixo de igual categoría no Sistema Nacional de Saúde, que acredite esta condición no momento de presenta-la solicitude para concursar.

2.2. De conformidade co establecido na disposición adicional décimo segunda do Real decreto lei 1/1999, do 8 de xaneiro, o persoal estatutario fixo nas institucións sanitarias da Seguridade Social xestionadas polo Instituto Social da Mariña poderá participar neste concurso de traslados nas mesmas condicións e requisitos có restante persoal estatutario.

2.3. Para o persoal do grupo técnico da función administrativa que accedeu á praza polos procesos selectivos convocados polas resolucións desta División do 19 de xuño de 1995 (DOG nº 122, do 27 de xuño) e do 28 de decembro de 1998 (DOG nº 9, do 15 de xaneiro de 1999), nas modalidades xurídica ou económica, optará ás prazas convocadas neste concurso na modalidade obtida naquel. O persoal fixo de prazas do grupo técnico da función administrativa que non reúnan a condición anterior, debe

rán optar á modalidade que corresponda á súa titulación. No caso de non darse a exacta correspondencia entre a titulación e a modalidade, o aspirante optará por unha delas.

2.4. Os concursantes deberán estar nalgunha das seguintes situacións:

a) Servicio activo.

b) Reingreso provisional.

c) Excedencia con reserva de praza.

d) Excedencia voluntaria.

e) Excedencia por incompatibilidade.

2.5. De conformidade co establecido no dito Real decreto lei 1/1999, do 8 de xaneiro, ademais dos anteriores, serán requisitos para seren admitidos ó concurso:

a) Para o persoal en activo ou con reserva de praza: ter tomado posesión da praza desempeñada cun ano de antelación, como mínimo, ó remate do prazo de presentación de solicitudes para participar no presente concurso.

No caso do persoal pertencente a unha categoría que fose obxecto de modificación, o requisito do prazo dun ano entenderase cumprido, de reunilo na categoría orixinaria, independentemente do tempo que leve desempeñando a nova categoría.

b) Para o persoal en situación distinta á de activo e sen praza reservada: reuni-los requisitos legais e regulamentarios para incorporarse ó servicio activo o último día do prazo de presentación de solicitudes para participar no presente concurso.

2.6. Considérase concursante forzoso, de conformidade co establecido na disposición adicional sexta do devandito Real decreto lei 1/1999, do 8 de xaneiro, ó persoal que con anterioridade á data na que remate o prazo de presentación de solicitudes, tomase posesión dunha praza no ámbito das institucións sanitarias dependentes do Sergas co carácter de reingreso provisional.

A consideración de concursante forzoso, levará aparellada a obriga de solicitar tódalas vacantes da categoría que se convoquen na área de saúde na que se atopa reingresado provisionalmente, sendo declarado de oficio, se non o fai, na situación de excedencia voluntaria, debendo permanecer nela polo menos un ano.

Igualmente, se algún concursante que desempeñe unha praza en destino provisional na forma establecida nos parágrafos anteriores non obtivese praza no concurso, tendo cumprida a obriga establecida no parágrafo anterior, poderá optar por obter novo destino provisional nalgunha das prazas que resulten vacantes como consecuencia da súa resolución ou por pasar á situación de excedencia voluntaria.

2.7. Os requisitos esixidos para participar neste concurso deberán manterse ó longo de todo o proceso de execución que se entenderá concluído no momento da toma de posesión da nova praza adxudicada.

3. Orde de prelación para a adxudicación das prazas:

3.1. As prazas serán adxudicadas ós concursantes de acordo co baremo de méritos que se publica como anexo II desta resolución.

3.2. No caso de empate resolverase a prol do concursante que leve máis tempo desempeñando efectivamente a praza desde a que concursa. De persisti-lo empate, resolverase a prol da mellor puntuación en cada un dos epígrafes do baremo e pola súa orde. De manterse o empate, resolverase a prol do concursante de maior idade.

4. Solicitudes:

4.1. Cada concursante deberá cubrir unha solicitude, axustándose necesariamente ó modelo que figura como anexo IV a esta resolución e respectando estrictamente a codificación que identifica a cada centro ou complexo hospitalario e a cada localidade nas diferentes xerencias de atención primaria. Serán desestimadas, sen máis trámite, as solicitudes que conteñan algunha emenda, marca ou riscadura, tanto na instancia como nalgunha das follas de petición de destinos ou no certificado ou en calquera dos documentos anexos a que fai referencia na base 5ª, sempre que non se encontren salvados baixo sinatura.

4.2. As solicitudes que deberán dirixirse á División de Recursos Humanos do Sergas (San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela), poderán ser presentadas nos lugares e do xeito que determine a Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, advertíndose que na folla ou follas, se é o caso, da solicitude de admisión ó concurso de traslados debe figura-lo selo do rexistro, quedando os orixinais en poder da Administración e expedindo copia para os interesados.

4.3. O prazo de presentación da solicitude, á que deberá unirse necesariamente toda a documentación que se achegue, será dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Se o derradeiro día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ó primeiro día hábil seguinte.

4.4. Transcorrido o prazo de presentación de solicitudes, non se admitirá nin a súa modificación nin a presentación de novos documentos.

4.5. Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes e ata a finalización do prazo de reclamacións contra a resolución provisional do concurso, os concursantes poderán desistir da súa solicitude.

Os concursantes en situación de reingreso provisional que desistan da súa participación no concurso serán declarados de oficio en situación de excedencia voluntaria.

4.6. No que se refire ós servicios prestados, en tódolos puntos do baremo serán valorados unicamente os acreditados ata o día inmediato anterior, inclusive, ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

5. Documentación:

5.1. Tódolos concursantes, con carácter xeral, deberán presenta-la seguinte documentación:

a) Copia compulsada do seu nomeamento en propiedade na categoría.

b) Fotocopia do documento nacional de identidade.

c) Certificación orixinal expedida polo servicio de persoal do centro no que actualmente presta os seus servicios, conforme o modelo que se xunta como anexo V a esta resolución.

d) Copia compulsada, se é o caso, dos diplomas acreditativos de ter superados os cursos de coñecemento da lingua galega.

5.2. Ademais, o persoal en activo deberá presentar copia compulsada do seu último nomeamento (no suposto de non corresponder co seu nomeamento inicial na categoría).

5.3. O persoal en situación de excedencia presentará ademais copia compulsada da resolución que lla concedeu.

De tratarse de persoal en reingreso provisional, presentará copia compulsada da resolución pola que se autoriza o reingreso.

6. Resolución do concurso:

6.1. Rematado o prazo de presentación de solicitudes e á vista das prazas solicitadas polos concursantes, así como dos méritos alegados e acreditados, procederase á súa baremación.

6.2. Rematada a dita baremación, a División de Recursos Humanos do Sergas, aprobará a resolución provisional do concurso, que será publicada no Diario Oficial de Galicia.

6.3. De conformidade co establecido no artigo 18.2º do citado Real decreto lei 1/1999, os interesados disporán dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, para formular reclamacións contra a resolución provisional. As citadas reclamacións serán rexeitadas ou admitidas na resolución definitiva que será aprobada pola autoridade convocante e publicarase na mesma forma en que o foi a convocatoria do concurso. Esta publicación servirá de notificación

ós interesados e, a partir dela, empezarán a contarse os prazos establecidos para que os organismos afectados efectúen as actuacións administrativas procedentes.

6.4. Conforme o establecido no artigo 11.4º da citada Lei 30/1999, as prazas adxudicadas definitivamente serán irrenunciables agás que a dita renuncia estea motivada pola obtención de praza en virtude da resolución dun procedemento de mobilidade voluntaria convocado por outra Administración pública.

6.5. De acordo co establecido no artigo 1.3º do Decreto 309/1998, do 6 de novembro, as prazas non adxudicadas das ofertadas no anexo III desta resolución, incrementarán as ofertadas no concurso-oposición convocado por resolución da División de Recursos Humanos do Sergas do 20 de marzo de 2001 (DOG nº 63, do 29 de marzo).

7. Efectos derivados do concurso:

7.1. Os concursantes que obteñan praza deberán cesar na que, se é o caso, desempeñan dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique a resolución definitiva. Non obstante, o xerente da institución, por necesidade do servicio, poderá ampliar este prazo ata un máximo de vinte días hábiles, comunicando tal decisión á institución na que se obtivese novo destino.

7.2. A toma de posesión da nova praza deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ó do cesamento, se as prazas son da mesma localidade; no prazo de quince días hábiles se as prazas son de distinta localidade e da mesma área de saúde; ou no prazo dun mes se pertencen a distinta localidade e área de saúde. Non disporán de ningún dos prazos posesorios sinalados aqueles adxudicatarios de praza no concurso que xa viñeran ocupando praza no mesmo centro de destino ou localidade, en virtude de comisión de servicios ou reingreso provisional.

7.3. No caso de que a adxudicación da praza supoña o reingreso ó servicio activo, o prazo de toma de posesión será dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación da resolución definitiva do concurso.

7.4. O prazo de cesamento iniciarase cando finalice o permiso ou licencia que, se é o caso, fose concedido ó interesado, agás que por causas xustificadas se acorde suspende-lo seu desfrute.

7.5. Se así o permiten as necesidades do servicio e por petición do interesado, o prazo de toma de posesión poderá ser prorrogado por tempo non superior á metade da súa duración inicial.

7.6. Cando un concursante non tome posesión da súa nova praza dentro do prazo ou, se é o caso,

da prórroga que pola súa petición motivada se lle tivera concedido, entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular como persoal estatutario, e será declarado en tal situación pola dirección provincial á que pertenza o centro no que obtivo o novo destino.

Non obstante o anterior, se existisen causas suficientemente xustificadas, así apreciadas, logo da audiencia do interesado, pola División de Recursos Humanos do Sergas, poderase deixar sen efecto a devandita situación. Neste caso o interesado deberá incorporarse ó seu novo destino tan pronto desaparezan as causas que no seu momento o impediron.

7.7. Os concursantes en situación de reingreso provisional que non obteñan praza poderán exerce-la opción a que se refire a base 2.6 desta resolución.

7.8. Agás cando a resolución do concurso implique o reingreso ó servicio activo, o prazo de toma de posesión e, se é o caso, a prórroga deste, terá a consideración de servicio activo, percibíndose os correspondentes haberes conforme as normas establecidas na Orde de 18 de xaneiro de 2001, pola que se dictan instruccións sobre a confección de nóminas de persoal ó servicio da Administración autonómica.

7.9. De conformidade co establecido no parágrafo segundo da disposición adicional cuarta do Real decreto lei 1/1999, do 9 de xaneiro, a toma de posesión da praza adxudicada, levará aparellado o cesamento do persoal estatutario temporal que, se é o caso, corresponda.

7.10. Esta convocatoria resolverase de modo simultáneo, en canto á toma de posesión dos novos destinos, respecto do proceso selectivo convocado por resolución da División de Recursos Humanos do Sergas do 20 de marzo de 2001 (DOG nº 63, do 29 de marzo).

8. Normas derradeiras:

8.1. A comisión ou, se é o caso, comisións encargadas da baremación de méritos neste concurso de traslados, serán nomeadas co ámbito que acorde a autoridade convocante. En tal comisión participarán dous representantes designados polas organizacións sindicais asinantes do plan de selección e provisión.

Estas comisións terán a condición de primeira categoría para os efectos do disposto no Decreto 299/1990, do 24 de maio (DOG nº 106, do 1 de xuño).

8.2. De conformidade co establecido no artigo 16.2º do Decreto lexislativo 1/1992, do 11 de abril, polo que se aproba o texto articulado das bases contidas no capítulo III do título II da Lei 13/1991, do 9 de decembro das taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, serán gratuítas tódalas compulsas e certificacións

que sexan expedidas polos distintos centros de gasto do Sergas ó persoal estatutario fixo que participe no concurso.

8.3. Os traslados derivados deste concurso teñen carácter voluntario, non xerando dereito a ningunha indemnización.

8.4. O persoal que a través deste concurso obteña destino definitivo nun centro de atención primaria do Sergas quedará suxeito á ordenación da atención primaria na Comunidade Autónoma de Galicia que resulte do Decreto 200/1993, do 29 de xullo, e normativa que o desenvolve.

8.5. Os recursos contencioso-administrativos que se interpoñan contra esta convocatoria ou calquera acto integrante do concurso de traslados serán anunciados no Diario Oficial de Galicia para os efectos de emprazamento ós posibles interesados.

ANEXO II

Baremo de méritos

Baremo polo que se rexe o concurso voluntario de traslados de distintas categorías de persoal estatutario, convocado polo Servicio Galego de Saúde para as institucións sanitarias do seu ámbito:

1º Servicios prestados con carácter de estatutario fixo nas institucións sanitarias da Seguridade Social na mesma categoría desde a que se concursa:

1 punto por mes completo.

2º Servicios prestados con carácter de estatutario fixo nas institucións sanitarias da Seguridade Social, noutras categorías estatutarias:

0,50 puntos por mes completo.

3º Servicios prestados nas institucións sanitarias da Seguridade Social con carácter temporal na mesma categoría desde a que concursa:

0,25 puntos por mes completo.

4º Servicios prestados nas institucións sanitarias da Seguridade Social con carácter temporal noutras categorías estatutarias:

0,10 puntos por mes completo.

5º Servicios prestados noutra Administración pública, desempeñando postos de traballo de igual grupo e contido funcional que a praza obxecto do concurso, e recoñecidos ó abeiro do previsto na Lei 70/1978, do 26 de decembro:

0,05 puntos por mes completo.

6º Para o persoal ATS/DUE e fisioterapeutas por servicios prestados en propiedade nas institucións sanitarias da Seguridade Social na modalidade á que concursa se asignará unha puntuación adicional a razón de 0,10 puntos por mes ata o máximo de 6 puntos.

As modalidades que actualmente existen son:

a) De zona.

b) De servicio de urxencias.

c) De institucións sanitarias (obxecto de concurso).

d) De atención primaria.

7º Pola acreditación da superación do curso de iniciación en lingua galega:

2 puntos

8º Pola acreditación da superación do curso de perfeccionamento en lingua galega:

4 puntos.

A valoración do punto 8 exclúe a valoración do punto 7.

No tocante ás equivalencias entre distintos cursos e probas de lingua galega aplicarase o disposto na orde de Consellería de Educación e Ordenación Universitatia, do 11 de novembro de 1998 (DOG nº 240, do 14 de decembro).

Advertencia: os períodos valorados en cada un dos puntos anteriores non poderán ser nunca coincidentes no tempo. Os meses serán completos, coas fraccións debidamente totalizadas en múltiplos de 30.

O tempo de permanencia en situación distinta á de activo pero con reserva de praza (excedencia por maternidade, servicio militar,...) cuantificarase como servicios prestados na praza reservada.

Pola súa parte, os períodos de permisos sen soldo non serán considerados como servicios efectivamente prestados.

ANEXO III

Código

do centro

010203040506070809101112

CentroC. H. Juan

Canalejo

(Coruña)

C. H. A.

Marcide

Novoa Santos

(Ferrol)

CHUS

(Santiago)

C. H.

Xeral-Calde

(Lugo)

H. da Costa

Burela

H. C.

Monforte

C. H. de

Ourense

H. C.

Valdeorras

C. H. de

Pontevedra

C.H.

Xeral-Cíes

(Vigo)

H. Meixoeiro

(Vigo)

H. Nicolás

Peña (Vigo)

Categoría

ATS2712181144104121053

Matrona1111

Fisioterapeuta1111

TER5111111111

TEL3224112111

TEAP1111

Auxiliar

enfermería

3012201735252685

Grupo téc.

F. advta.

(R. xurídica)

11

Grupo téc. F. advta. (R. econ.)1

Xestión da

función advta.

11

Trab. social1

Aux. administ.64542272373

Celador11955121523421

Cociñeiro11111

Pinche21221412

Xerencia de

atención primaria

CategoríaLocalidadeCódigo da

localidade

A Coruña-Ferrol

(A Coruña)

Auxiliar administrativoA Coruña20

Persoal de servicios xeraisA Coruña (2)21

Hixienista dentalOleiros23

A Coruña-Ferrol

(Ferrol)

Auxiliar administrativoFerrol30

Persoal de servicios xeraisFerrol (2)31

Santiago de CompostelaAuxiliar administrativoSantiago de Compostela40

Persoal de servicios xeraisBrión41

Ames

O Milladoiro

42

LugoAuxiliar administrativoLugo50

Xerencia de

atención primaria

CategoríaLocalidadeCódigo da

localidade

Persoal de servicios xerais Lugo (2)51

OurenseAuxiliar administrativoOurense (2)60

Persoal de servicios xerais San Cibrao de Viñas63

Toén64

Pontevedra-Vigo

(Pontevedra)

Auxiliar administrativoPontevedra70

Persoal de servicios xeraisPontevedra (2)71

Pontevedra-Vigo

(Vigo)

Auxiliar administrativoVigo80

Persoal de servicios xeraisVigo (2)81

Nota: entre paréntese (nº) fíxase o nº de prazas que se oferta na localidade.