Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Xoves, 13 de decembro de 2001 Páx. 15.864

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 2001 pola que se convocan unhas xornadas sobre intervención e defensa persoal policial.

Dentro dos programas de actividades que a Academia Galega de Seguridade ten previsto realizar no ano 2001, conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1992, do 9 de abril, de creación da Academia Galega de Seguridade, anúnciase a celebración dunhas xornadas sobre

intervención e defensa persoal policial, que deberán desenvolverse conforme as seguintes bases:

Obxectivos.

As xornadas teñen por obxectivos xerais a ampliación de coñecementos sobre as últimas técnicas de intervención e actuación diante das distintas situacións problemáticas que se poidan producir no traballo e na función policial.

Destinatarios.

As xornadas van dirixidas ós membros dos corpos das policías locais de Galicia, ós membros da Unidade do C.N.P. adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia, e no caso de quedaren prazas vacantes ós membros do Corpo Nacional de Policía e Garda Civil.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas.

O número de prazas que se ofertan é de 80.

Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar nestas xornadas deberá presentar, cuberta a máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 18 de decembro de 2001, ás 14 horas.

3. As instancias deberán enviarse á sede da Academia Galega de Seguridade: avenida da Cultura, 36680 A Estrada; ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Materiais.

Os que resulten admitidos deberán presentarse a estas xornadas provistos de atuendo deportivo e no caso de ser posible co material profesional do que dispoñan (grilletes, bastón policial...).

Datas.

As xornadas celebraranse durante os días 21, 22 e 23 de decembro de 2001, no seguinte horario:

-Día 21: xornada de mañá (9 h a 14 h) e tarde (17 h a 20.30 h).

-Día 22: xornada de mañá (10 h a 14 h) e tarde (17 h a 20.30 h).

-Día 23: xornada de mañá (10 h a 14 h).

Relación de admitidos.

A relación de admitidos publicarase o día 19 de decembro de 2001 no taboleiro de anuncios da Academia Galega de Seguridade, ou ben poden confirma-la súa admisión chamando ó teléfono 986 59 00 21.

Lugar.

Salón de actos da Academia Galega de Seguridade, avenida da Cultura, s/n e no Frontón municipal habilitado para este evento, no concello da Estrada.

Certificado de participación.

Ó remate das xornadas entregaráselle un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada a elas.

Modificacións.

A Academia Galega de Seguridade poderá modifica-lo desenvolvemento das xornadas para adaptalas ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 21 de novembro de 2001.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade