Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Xoves, 13 de decembro de 2001 Páx. 15.864

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 2001, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo número 02/0004996/2001, interposto polo procurador Luis Sánchez González en nome e representación do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia.

Recibido oficio da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sección Segunda), polo que se reclama o expediente administrativo relativo ó recurso contencioso-administrativo número 02/0004996/2001, interposto polo procurador Luis Sánchez González en nome e representación do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia, contra o Decreto 195/2001, do 26 de xullo, polo que se aproban os estatutos do Colexio Oficial de Químicos de Galicia.

Esta dirección xeral, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, acorda a remisión do citado expediente administrativo ó referido órgano xudicial, o que se notifica para un xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento referido e se lles empraza para que poidan comparecer como parte ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sección Segunda) no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2001.

Reyes Carabel Pedreira

Directora xeral de Xustiza