Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Xoves, 13 de decembro de 2001 Páx. 15.852

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 2001, da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional, pola que se autorizan as estadías formativas en empresas ou institucións destinadas a funcionarios docentes non universitarios para o curso 2001-2002.

En virtude da Orde do 2 de agosto de 2001 (DOG do 17 de agosto), pola que se convocan estadías formativas en empresas ou institucións para o curso 2001-2002, destinadas a funcionarios docentes non universitarios e se aproban as súas bases de concesión, esta dirección xeral,

RESOLVE:

Primeiro.-Autoriza-las estadías formativas en empresas ou institucións para o curso 2001-2002 que figuran no anexo I desta resolución.

Segundo.-Non autoriza-las estadías formativas en empresas ou institucións para o curso 2001-2002 que figuran no anexo II desta resolución por non cumprir coas bases de convocatoria, sendo polo tanto excluídas.

Terceiro.-Acepta-las renuncias as estadías formativas en empresas ou institucións para o curso 2001-2002 que figuran no anexo III desta resolución.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2001.

Mª Pilar del Mar Pérez Marsó

Directora xeral de Ordenación Educativa

e Formación Profesional