Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Luns, 10 de decembro de 2001 Páx. 15.631

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (MPG-2/2001).

O Pleno do Concello, en sesión realizada o día 12 de novembro de 2001, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«Primeiro: desestima-la alegación presentada por Henrique Tello León, voceiro do grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego, sobre a base do informe xurídico emitido.

Segundo: aprobar definitivamente a modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal, relativa á norma zona 11-equipamentos.

Terceiro: proceder á publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia, e BOP.

Cuarto: proceder á publicación do texto íntegro da ordenanza no BOP.

Quinto: contra este acordo cabe interpor recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte a aquel no que se practicou a notificación, ou, se é o caso, a publicación, aínda que previamente e con carácter potestativo, cabe interpor recurso de reposición perante o propio órgano que dictou o acordo no prazo dun mes. Neste caso, contra a desestimación do recurso de reposición o prazo para interpo-lo contencioso-administrativo será de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación ou,

noutro caso, o de seis meses contados desde a desestimación presunta, que se entenderá producida polo transcurso dun mes desde a interposición do recurso de reposición.

Sexto: comunicarllo ó conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, dándolle traslado do expediente administrativo e de dous exemplares do documento, en cumprimento do establecido no artigo 48.3º da LSG».

O que se publica para xeral coñecemento e para produci-los efectos previstos neste acordo.

A Coruña, 22 de novembro de 2001.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo