Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Luns, 10 de decembro de 2001 Páx. 15.630

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (PDU-6/2000).

O Pleno do Concello, en sesión realizada o día 19 de xullo de 2001, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o proxecto de urbanización da vía paralela á avenida de Montserrat, tramo correspondente á parcela da Residencia Santa Teresa de Jornet, presentado pola Congregación Relixiosa Irmás dos Anciáns Desamparados, coas seguintes condicións: realizaranse os ensaios de control de calidade durante a execución da vía que deter

mine a dirección da obra. Deberán presentar planos definitivos de final de obra que reflictan fielmente a realidade das obras executadas, en soporte informático e xeorreferenciado, de acordo coa rede topográfica básica municipal. E, por último, deberán constituír un aval por importe de 2.596.477 pesetas (15.605,14 euros), en concepto de garantía de execución das obras de urbanización.

Segundo.-Notificarllo ós promotores do documento.

Terceiro.-Contra o anterior acordo cabe interpor recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte a aquel no que se practicou a notificación ou, se é o caso, a publicación, aínda que previamente, e con carácter potestativo, cabe interpor recurso de reposición perante o propio órgano que dictou o acordo no prazo dun mes. Neste caso, contra a desestimación do recurso de reposición o prazo para interpo-lo contencioso-administrativo será de dous meses contados a partir da desestimación presunta, que se entenderá producida polo transcurso dun mes desde a interposición do recurso de reposición.

O que se publica para xeral coñecemento e para produci-los efectos previstos no presente acordo.

A Coruña, 9 de novembro de 2001.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo