Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Luns, 10 de decembro de 2001 Páx. 15.628

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, na súa sesión ordinaria celebrada o día 16 de outubro de 2001, acordou aprobar inicialmente o proxecto de estudio de detalle da UA 53, sita na Pastoriza, promovido por Olga Sande Martínez e outros (expte. 61/2000. PED), o cal queda sometido a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente anuncio.

Durante o devandito prazo as persoas interesadas poderán examina-lo seu contido comparecendo nas dependencias do Servicio Municipal de Urbanismo e presenta-las alegacións que estime convenientes.

Ó mesmo tempo e ante a eventualidade de que poidan existir interesados descoñecidos neste procedemento, se ignore o lugar de notificación dalgún ou intentada esta non se practicar, sirva o presente de notificación, coa finalidade e alcance que se contemplan no punto 4º do artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administra

tivo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Arteixo, 6 de novembro de 2001.

P.D. (Decreto nº 587/1999)

María Isabel Vila Vilas

Primeira tenente de alcalde