Para os efectos previstos no artigo 89 do Real decreto lexislativo 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, esta delegación provincial acorda darlle publicidade á adxudicación dos contratos do servicio de limpeza que se indican, para os que se anunciara a súa licitación por resolución do 21 de xuño de 2001 (DOG nº 142, do 23 de xullo):
Expediente 1/2001: Residencia Terceira Idade Torrente Ballester:
Empresa Linorsa.
Orzamento de adxudicación: 17.475.168 pesetas (105.027,88 euros).
Expediente: 2/2001: Área de Servicios Sociais:
Empresa Tabar, S.L.
Orzamento de adxudicación: 10.853.424 pesetas (65.230,39 euros).
Expediente 3/2001: Centro Social de Fene:
Empresa Limpiezas Compostela, S.L.
Orzamento de adxudicación: 6.820.800 pesetas (40.993,83 euros).
Expediente 4/2001: Fogar Terceira Idade de Ferrol:
Empresa Linorsa.
Orzamento de adxudicación: 10.829.760 pesetas (65.088,17 euros).
Expediente 5/2001: Fogar Terceira Idade da Coruña.
Empresa Limpiezas Compostela, S.L.
Orzamento de adxudicación: 7.656.000 pesetas (46.013,49 euros).
A Coruña, 5 de novembro de 2001.
Mª Blanca García Varela
Delegada provincial da Coruña