Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Luns, 10 de decembro de 2001 Páx. 15.618

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 2001, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública o proxecto de explotación, o estudio de impacto ambiental e o plan de restauración do pase a concesión de explotación Angelita fracción 2ª, 5395-2, da provincia de Lugo.

O artigo 5.2º do Decreto 442/1990, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG nº 188, do 25-9-1990), dispón que os estudios de impacto ambiental someteranse ó trámite de información pública, durante trinta días hábiles, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia. Na súa virtude,

RESOLVO:

Someter a información pública, por un prazo de trinta días hábiles, contados a partir da publicación

desta resolución, o proxecto de explotación, o estudio de impacto ambiental e o plan de restauración do pase a concesión de explotación Angelita fracción 2ª nº 5395-2, situada en terreos do concello de Muras, provincia de Lugo, e solicitado por Epifanio Campo Fernández.

Para os efectos informativos porase á disposición dos administrados que o soliciten un exemplar para consulta nas oficinas desta dirección xeral así como nas dependencias da delegación provincial de industria correspondente e as alegacións formularanse durante o prazo sinalado nas mesmas oficinas.

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2001.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria