Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Luns, 10 de decembro de 2001 Páx. 15.593

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2001, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as relacións provisionais de admitidos ás probas selectivas para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de enxeñeiros industriais.

De conformidade co establecido no artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e na base I.4 das que rexen o proceso selectivo convocado pola orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 8 de outubro de 2001, publicada no Diario Oficial de Galicia número 199, do 15 de outubro, esta dirección xeral

RESOLVE:

Aproba-las listas provisionais de admitidos ás probas selectivas para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de enxeñeiros industriais.

A citada lista estará exposta nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia e Administración Pública e nos das súas delegacións provinciais, no da Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Vigo, e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

Para efectos de información o teléfono de contacto é o 902 12 00 12, das 9 ás 19 horas de luns a venres e das 9 ás 14 horas os sábados.

Os aspirantes que non figuren na lista de admitidos disporán dun prazo de dez días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución, co obxecto de formular reclamación.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2001.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública