Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Luns, 10 de decembro de 2001 Páx. 15.593

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2001, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as relacións provisionais de admitidos ás probas selectivas para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de enxeñeiros de camiños, canles e portos.

De conformidade co establecido no artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e na base I.4 das que rexen o proceso selectivo convocado pola orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 8 de outubro de 2001, publicada no Diario Oficial de Galicia número 199, do 15 de outubro, esta dirección xeral

RESOLVE:

Aproba-las listas provisionais de admitidos ás probas selectivas para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de enxeñeiros de camiños, canles e portos.

A citada lista estará exposta nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia e Administración Pública e nos das súas delegacións provinciais, no da Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Vigo e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

Para efectos de información o teléfono de contacto é o 902 12 00 12, das 9 ás 19 horas de luns a venres e das 9 ás 14 horas os sábados.

Os aspirantes que non figuren na lista de admitidos disporán dun prazo de dez días, contados a partir

do seguinte ó da publicación desta resolución, co obxecto de formularen reclamación.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2001.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública