Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Luns, 10 de decembro de 2001 Páx. 15.583

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

DECRETO 304/2001, do 22 de novembro, polo que se aceptan a título gratuíto doazóns de diverso material informático con destino ó Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo.

As empresas Tyco Healthcare Spain, S.L. e Productos Palex ofrecen a doazón ó Servicio Galego de Saúde de diverso material informático con destino ó Complexo Hospitalario Xeral-Cíes (Vigo-Pontevedra).

Conforme o artigo 17.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma, requírese decreto do Consello da Xunta de Galicia para a adquisición de bens a título gratuíto.

En cumprimento do disposto na Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma, de conformidade coa proposta do conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais e presidente do Servicio Galego de Saúde, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintedous de novembro de dous mil un,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acepta-la doazón dos seguintes equipos informáticos:

1 ordenador de marca Control+P, modelo Clónico, cun valor de 165.000 pesetas, e 1 impresora, de marca Lexmark, modelo Optra E312, cun valor de 73.800 pesetas, doados pola empresa Tico Healthcare Spain, S.L.

3 ordenadores persoais, marca Control+P, modelo Clónico, valorados en 570.000 pesetas, doados pola empresa Productos Palex.

Artigo 2º

Os activos acéptanse segundo o establecido na normativa en materia patrimonial da Comunidade Autónoma e destinaranse ó Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, de acordo coa vontade dos doadores.

Disposición derradeira

O Servicio Galego de Saúde, a través do seu órgano competente, levará a cabo os trámites necesarios para a efectividade de canto se dispón neste decreto.

Santiago de Compostela, vintedous de novembro de dous mil un.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais