Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Luns, 10 de decembro de 2001 Páx. 15.582

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 5 de novembro de 2001 pola que se autoriza a apertura e funcionamento do centro privado Esica de Vigo (Pontevedra), para impartir ciclos formativos de grao superior, segundo se especifica no anexo.

Examinado o expediente instruído por instancia de Jesús Fernando Marcote Vilar, en representación do centro privado Esica de Vigo, solicitando autorización para imparti-los ciclos formativos de grao superior de Administración de sistemas informáticos, Administración e finanzas e Servicios ó consumidor en quenda de mañá; e Desenvolvemento de aplicacións informáticas, Secretariado, Xestión comercial e márketing e Xestión do transporte en quenda de tarde-noite.

Tendo en conta que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, que se remite cos informes correspondentes.

Vistos a Lei 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4 de outubro), de ordenación xeral do sistema educativo; Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26 de xuño), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias; Real decreto 777/1998 (BOE do 8 de maio) polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo, Orde do 21 de decembro de 1999 (DOG do 31-1-2000) pola que se regulan determinados aspectos relativos a autorización de centros privados exclusivos de formación profesional específica na Comunidade Autónoma de Galicia; Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22 de maio), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG 15 de decembro) que desenvolve o antedito decreto.

Considerando que concorren no expediente os requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-lo centro privado Esica de Vigo (Pontevedra), para imparti-los ciclos formativos de grao superior de Administración de sistemas informáticos, Administración e finanzas e Servicios ó consumidor en quenda de mañá; e Desenvolvemento de aplicacións informáticas, Secretariado, Xestión comercial e márketing e Xestión do transporte en

quenda de tarde-noite, segundo se especifica no anexo desta orde.

Segundo.-Para as ensinanzas que se autorizan, a Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo do informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no dito centro, así como o equipamento adecuado.

Terceiro.-Queda o centro obrigado ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día siguiente ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo do dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2001.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: Pontevedra.

Concello: Vigo.

Localidade: Vigo.

Enderezo: Travesía de Vigo, 42-44.

Código do centro: 36024367.

Denominación: Centro privado Esica.

Titular: Colegio Marcote, S.L..

Ensinanzas que se autorizan:

Quenda de mañá:

Familia profesional: Administración.

1 ciclo formativo de grao superior de Administración e finanzas (2 unidades, 20 alumnos/unidade).

Familia profesional: Comercio e márketing.

1 ciclo formativo de grao superior de Servicios ó consumidor (1 unidade para 20 alumnos).

Familia profesional: Informática.

1 ciclo formativo de grao superior de Administración de sistemas informáticos (2 unidades, 20 alumnos/unidade).

Quenda de tarde-noite:

Familia profesional: Administración.

1 ciclo formativo de grao superior de Secretariado (1 unidade para 20 alumnos).

Familia profesional: Comercio e márketing.

1 ciclo formativo de grao superior de Xestión comercial e márketing (1 unidade para 20 alumnos).

1 ciclo formativo de grao superior de Xestión do transporte (2 unidades, 20 alumnos/unidade).

Familia profesional: Informática.

1 ciclo formativo de grao superior de Desenvolvemento de aplicacións informáticas (2 unidades, 20 alumnos/unidade).