Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Venres, 07 de decembro de 2001 Páx. 15.567

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 8 de novembro de 2001, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público a modificación dos estatutos da Confederación Intersindical Galega do Ensino (CIG-Ensino).

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985 do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral, se presentou o día 5 de novembro de 2001, a acta do III congreso da Confederación Intersindical Galega do Ensino (CIG-Ensino), celebrado en Santiago de Compostela o 16 de xuño de 2001, na que se reflicten as modificacións estatutarias aprobadas no devandito congreso, e que consisten nunha nova redacción dos estatutos.

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2001.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais