Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Venres, 07 de decembro de 2001 Páx. 15.548

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (238/2001).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado de Social número catro da Coruña.

Dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 238/2001 por instancia de Jesús Iglesias Barbeito e outros contra TSP Impermeabilizaciones, S.L. sobre salarios nos que recaeu sentencia en data 24-10-2001 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Decido que estimando a demanda promovida por Jesús Iglesias Barbeito, Roberto Añón Castro, José Iglesias Barbeito, Rubén González Sánchez, Jorge Vales Ferreño, Juan Carlos Mejuto Paz, Luis Duro Barbeito, Felipe Duro Barbeito e María Belén Álvarez Touriñán contra a empresa TSP Impermeabilizaciones, S.L. debo condenar e condeno a demandada a que lle aboe ós demandantes as cantidades seguintes:

A Jesús Iglesias, 143.373 pesetas; a Roberto Añón, 143.373 pesetas; a José Iglesias, 155.922 pesetas; Rubén González, 143.373 pesetas; a Jorge Vales, 160.693 pesetas; a Juan Carlos Mejuto, 166.726 pesetas; a Luis Duro, 160.125 pesetas; a Felipe Duro, 182.582 pesetas; a María Belén Álvarez, 163.661 pesetas, por tódolos conceptos reclamados en demanda.

Así, por esta miña sentencia contra a que poderá recorrerse en suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días contados desde o seguinte ó da súa notificación, anunciando o propósito de presentalo mediante comparecencia ou por escrito, sendo indispensable que, ó tempo de anuncia-lo ó recorrente, se é empresario, exhiba diante deste xulgado do Social o resgardo acreditativo de haber depositado no Banco de Bilbao Vizcaya, oficina principal desta cidade, na conta corrente deste xulgado, número 5.605, clave 60, a cantidade obxecto de condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista, requisito este sen o cal non poderá terse por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia. Debendo consignar ademais a cantidade de 25.000 pesetas na mesma conta, clave 65, entregándose o resgardo na secretaría ó tempo de interpoñe-

lo recurso declarándose este desistido de non constituírse o dito depósito na forma indicada, definitivamente xulgando, en primeira instancia, o pronuncio, mando e asino.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación á empresa T.S.P. Impermeabilizaciones, S.L. expido e asino a presente cédula na Coruña, 31 de outubro de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado