Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Venres, 07 de decembro de 2001 Páx. 15.527

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 14 de novembro de 2001 pola que se dispón o nomeamento de vocal en representación da Administración xeral do Estado, no Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao.

A Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, texto reformado pola

Lei 62/1997, do 26 de decembro, atribúelles ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vocais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese xeral do Estado, sitas no seu territorio.

Os acordos do Consello da Xunta de Galicia do 5 e 26 de marzo de 1998 facultan o conselleiro de Política Territorial, Obras Publicas e Vivenda para o exercicio das devanditas competencia.

Conforme o previsto no artigo 40 da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, a designación dos vocais do Consello de Administración será acordada polo órgano competente da Comunidade Autónoma por proposta das administracións públicas e entidades e organismos representados no Consello de Administración, polo que vista a proposta de nomeamento realizada ó abeiro do disposto no artigo 40, número 2º, da Lei 27/1992, polo presidente do ente público Portos do Estado, e, en canto órgano competente,

DISPOÑO:

Nomear a Jorge Andrade Couce como vocal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, en representación da Administración xeral do Estado.

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2001.

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda