Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Mércores, 05 de decembro de 2001 Páx. 15.502

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 9 de outubro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/366-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Sociedad Electricista de Tui, S.A.

Enderezo social: rúa Coruña, 20, 36700 Tui.

Denominación: L.M.T. Areas-Os Gaios-Anta II.

Situación: Tui.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea, a 20 kV, de 1.164 m de lonxitude, con conductor LA-56, desde a L.M.T. Tui-Tebra ata Anta, nos Gaios-Areas, no concello de Tui.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 9 de outubro de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra