Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Mércores, 05 de decembro de 2001 Páx. 15.502

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (618/2001).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos nº 618/2001, seguidos por instancia de Antonio Bello Rey contra Aluminios Magal, S.L., sobre despedimento, nos que recaeu setencia en data 8-11-2001 que, copiada nos particulares necesarios, di así :

«Que, estimando a demanda formulada por Antonio Bello Rey, declaro a improcedencia do seu despedimento e, debido á situación de desaparecida da empresa, declaro a extinción do contrato de traballo na data da presente resolución e condeno a empresa Aluminios Magal, S.L. a que o indemnice coa cantidade de 189.868 pesetas, con aboamento en todo caso dos salarios deixados de percibir desde a data do despedimento ata a desta sentencia, que ascenden a 1.034.474 pesetas.

Notifíqueselle-la presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este Xulgado do Social, no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte ó da súa notificación.

Prevense a empresa demandada de que para recorrer, deberá acreditar ter ingresado na c/c de consignacións, código 5604.0000.60 618-2001, do Banco Bilbao Vizcaya desta cidade, denominada conta do Xulgado do Social número tres, o importe da condena e 25.000 pesetas en concepto de depósito, requisitos sen os cales no será admitido a trámite o recurso, quedando firme a sentencia.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Aluminios Magal,

S.L., expido e asino esta cédula na Coruña o 8 de novembro de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado