Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Mércores, 05 de decembro de 2001 Páx. 15.498

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 28 de novembro de 2001 pola que se resolve o concurso para a provisión de postos de traballo vacantes das escalas de finanzas da Xunta de Galicia 1/2001, convocado pola Orde do 30 de xullo de 2001.

Convocado concurso 1/2001 pola orde desta consellería do 20 de xullo de 2001 (DOG nº 174, do 24 de agosto), e á vista da proposta de adxudicacións de vacantes ós participantes no concurso, elevada pola comisión de valoración de méritos, mediante acordo adoptado na sesión do 27 de novembro de

2001, esta consellería, de conformidade co previsto na base VI.6 da convocatoria

DISPÓN:

Primeiro.-Resolver definitivamente o concurso 1/2001, adxudicando ós/ás funcionarios/as que se relacionan no anexo os postos de traballo que se especifican nel, adxudicacións que son irrenunciables, de conformidade coa base IV.4.

Segundo.-De conformidade co disposto no Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna e na base VIII.1 da convocatoria do concurso, a toma de posesión dos funcionarios/as que obtiveran un posto de traballo como consecuencia da resolución do concurso efectuarase nos prazos establecidos no artigo 14 do citado regulamento, computándose estes a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro.-Contra esta orde que pon fin á vía administrativa poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, ante esta consellería no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase impugnar directamente ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, segundo a Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2001.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

ANEXO

Asignación das prazas do concurso 01/2001

PostoCódigoDenominaciónNivelLocalidadeDNIApelidos e nomeGrupoPuntos

38EFC991000036001138X. Sección Fiscalización Gastos 24Pontevedra35276515Álvarez Villanueva, María LuisaA16,50

45EFC992000036560153X. Sección Fiscalización Ingresos 24Vigo36028318Cerqueira Ozores, IsabelA16,55

24EFC991000015001061X. Sección de Información ó Contribuínte 24A Coruña32790316Guitián Mosquera, Silvia MaríaB13,65

44EFC992000036560089X. Sección de Recadación Executiva 24Vigo34910608Osorio Ferreiro, Fco. JoséB16,85

11EFC030001115770007Xefe de Sección Fiscalización 25Santiago de Compostela33802777Vilariño Regal, Juan RamónB16,45

EF: Consellería de Economía e Facenda