Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Mércores, 05 de decembro de 2001 Páx. 15.477

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo provincial para a industria siderometalúrxica.

Visto o expediente do convenio colectivo provincial para a industria siderometalúrxicas (código: 1500825), que tivo entrada nesta delegación provincial o día 17-7-2001, complementado o 28-8-2001, subscrito en representación da parte económica pola Asociación de Empresas Siderometalúrxicas da Coruña, Asinec, Agasca e Asociación de Talleres de Reparación de Automóviles e, da parte social, por UGT e CC.OO. o día 22-5-2001, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 2 de outubro de 2001.

María Silva Costoya

Delegada provincial da Coruña

Convenio colectivo provincial para a industria siderometalúrxica da Coruña

Capítulo I

Ámbitos de aplicación

Artigo 1º.-Ámbito funcional.

Este convenio colectivo obriga as empresas e traballadores do sector do metal, tanto no proceso de producción, coma no de transformación nos seus diversos aspectos e almacenaxe, comprometéndose así mesmo, aquelas empresas, centros de traballo ou talleres en que se leven a cabo traballos de carácter auxiliar, complementarios ou afíns da siderometalurxia ou tarefas de instalación, montaxe ou reparación incluídas na dita rama ou en calquera outra que requira tales servicios.

Tamén será de aplicación o convenio colectivo nas industrias de fabricación de envases metálicos e botellame, cando na fabricación dos envases se utilice chapa de espesor superior a 0,5 mm, tendidos de liñas eléctricas, industrias de óptica e mecánica de precisión e talleres de reparación de automóbiles.

Estarán, así mesmo, afectadas polo convenio aquelas novas actividades afíns ou similares ás incluídas nos puntos anteriores do presente artigo.

Quedarán unicamente excluídas do ámbito do convenio colectivo as empresas dedicadas á venda de artigos en proceso exclusivo de comercialización.

As condicións pactadas no convenio provincial, na súa globalidade, teñen carácter de mínimos obrigatorios.

Os convenios vixentes á entrada en vigor deste convenio veranse afectados por el, en todo aquilo que implique melloras para os traballadores. As empresas deberán aplica-las melloras no prazo dun mes, contado desde a publicación deste convenio.

Artigo 2º.-Ámbito territorial.

Este convenio será de aplicación na provincia da Coruña e aplicaráselles tamén, de acordo cos artigos seguintes do convenio, ós traballadores españois contratados en España ó servicio de empresas españolas no estranxeiro.

Artigo 3º.-Ámbito persoal.

As condicións de traballo aquí reguladas afectarán a todo o persoal empregado nas empresas incluídas nos ámbitos anteriores, salvo ós que desempeñen o cargo de conselleiro en empresas que revistan a forma xurídica de sociedade ou de alta dirección ou alta xestión na empresa, a non ser que o contrato destes últimos faga referencia expresa a este convenio, caso no que lles será de aplicación.

Artigo 4º.-Ámbito temporal.

O presente convenio entrará en vigor ó producirse a súa publicación no BOP e manterá a súa vixencia ata o 31 de decembro de 2001. Non obstante, os aspectos salariais retrotraerán os seus efectos ó 1 de xaneiro de 2001.

Ámbalas partes comprométense a inicia-la negociación dun novo convenio con dous meses de antelación á finalización da súa vixencia.

As partes negociadoras comprométense ó AGA cando as negociacións se atopen bloqueadas e trans

corresen 6 meses desde o seu comezo sen lograr un acordo definitivo.

Mentres non se alcance un novo acordo, todo o contido deste convenio terá vixencia, fixándose como límite desta vixencia a data do 31 de decembro de 2002, na que se prevé que estará negociado un novo convenio.

Así mesmo, os acordos aprobados na comisión mixta do convenio durante o ano 2001 incorporaranse ó texto del, sempre que se manteña o texto do artigo interpretado e o seu contido permaneza inalterado.

Artigo 5º.-Vinculación á totalidade.

As condicións aquí pactadas forman un todo orgánico e indivisible e para efectos da súa aplicación práctica serán consideradas globalmente.

Artigo 6º.-Garantías persoais.

Respectaranse a título individual as condicións económicas que fosen superiores ás establecidas neste convenio, consideradas no seu conxunto e en cómputo anual.

Capítulo II

Organización do traballo

Artigo 7º.-Norma xeral.

A organización do traballo, conforme o previsto neste convenio, correspóndelle ó empresario, quen a levará a cabo a través do exercicio regular das súas facultades de organización económica e técnica, dirección e control de traballo e das ordes necesarias para a realización das actividades laborais correspondentes.

No suposto de que se delegasen facultades directivas, esta delegación farase de modo expreso, de maneira que sexa suficientemente coñecida, tanto polos que reciban a delegación de facultades, como polos que despois serán destinatarios das ordes recibidas.

As ordes que teñan por si mesmas o carácter de estables deberanlles ser comunicadas expresamente a tódolos afectados e dotadas de suficiente publicidade.

A organización do traballo ten por obxecto alcanzar na empresa un nivel adecuado de productividade baseado na óptima realización dos recursos humanos e materiais. Para este obxectivo é necesaria a mutua colaboración das partes integrantes da empresa: dirección e traballadores.

A representación legal dos traballadores velará por que no exercicio das facultades antes aludidas non se conculque a lexislación vixente, sen que iso poida considerarse transgresión da boa fe contractual.

Artigo 8º.-Desenvolvemento.

A organización do traballo estenderase, entre outras, ás cuestións seguintes:

a) A determinación dos elementos necesarios (máquinas ou tarefas específicas) para que o traballador

poida alcanzar alomenos o rendemento normal ou mínimo.

b) A fixación da calidade admisible ó longo do proceso de fabricación de que se trate, e a esixencia consecuente de índices de desperdicios e perdas.

c) A esixencia de vixilancia, atención e dilixencia no coidado da maquinaria, instalacións e utensilios encomendados ó traballador.

d) A distribución do persoal de acordo co previsto no presente convenio.

e) A adaptación das cargas de traballo, rendementos e tarifas ás novas condicións que resulten de aplica-lo cambio de métodos operativos, procesos de fabricación ou cambio de funcións e variacións técnicas tanto de maquinaria e utensilios como de material.

f) Fixación de fórmulas sinxelas e claras para a obtención de cálculos de retribución que correspondan ós traballadores de maneira que poidan ser comprendidas con facilidade.

Artigo 9º.-Sistemas de organización científica e racional do traballo.

A determinación dos sistemas, métodos e procedementos de organización científica e racional do traballo que rexerán para a realización, valoración e regulación do traballo nas empresas e/ou nos seus talleres, seccións e/ou departamentos, correspóndelle á dirección, que terá en todo caso a obriga de expresar suficientemente as súas decisións ó respecto.

As empresas que establezan sistemas de organización científica e racional do traballo procurarán adoptar en bloque algúns dos sistemas internacionalmente recoñecidos, caso no que se fará referencia ó sistema pola súa denominación convencional. En caso contrario deberase especificar cada unha das partes fundamentais que se integran no dito sistema e o seu contido organizativo, técnico e normativo.

Por sistema de organización científica e racional do traballo hai que entende-lo conxunto de principios de organización e racionalización do traballo e, se é o caso, de retribución incentivada; de normas para a súa aplicación; e de técnicas de medición do traballo e de valoración de postos.

No establecemento de calquera sistema de racionalización do traballo teranse en conta, entre outras, as seguintes etapas:

a) Racionalización, descrición e normalización de tarefas.

b) Análise, valoración, clasificación e descrición dos traballos correspondentes a cada posto ou grupos de postos de traballo.

c) Análise e fixación de rendementos normalizados.

d) Asignación dos traballadores ós postos de traballo segundo as súas aptitudes.

Artigo 10º.-Procedemento para a implantación, modificación ou substitución dos sistemas de organización do traballo.

As empresas que queiran implantar un sistema ou que, téndoo implantado, o modifiquen por substitución global dalgunha das súas partes fundamentais: o estudio de métodos, o estudio de tempos, o réxime de incentivos ou cualificación dos postos de traballo, procederán da seguinte forma:

a) A dirección informará con carácter previo os representantes legais dos traballadores da implantación ou substitución que decidiu efectuar.

b) Ámbalas partes, para estes efectos, poderán constituír unha comisión paritaria. Esta comisión paritaria, mediante informe que deberá elaborarse no prazo máximo de quince días, manifestará o seu acordo ou disentirá razoadamente da medida que se pretenda adoptar.

c) Se no prazo doutros quince días non fose posible o acordo, ámbalas partes poderán acordar someterse a unha arbitraxe.

d) De persisti-lo desacordo, a implantación ou modificación do sistema axustarase en canto á súa aprobación ó previsto na lexislación laboral vixente.

Os representantes legais dos traballadores poderán propoñer iniciativas orientadas a varia-lo sistema de organización establecido.

Artigo 11º.-Comisión paritaria.

A comisión paritaria a que se refire o artigo anterior poderá establecerse nos centros de traballo e estará composta por un mínimo de dous membros e un máximo de oito. A metade dos membros procederá dos representantes legais dos traballadores, representarán a estes e serán designados por eles. A outra metade será nomeada pola dirección, á que representarán.

Serán competencias desta comisión:

-As establecidas no artigo 10º sobre a implantación ou modificación dun sistema de organización do traballo.

-Coñecer e emitir informe sobre os novos métodos e sobre os estudios de tempo correspondentes antes da súa aplicación.

-Coñecer e emitir informe previo á súa implantación pola dirección, nos casos de revisión de métodos e/ou tempos correspondentes.

-Recibi-las tarifas de traballo e os seus anexos, se é o caso.

-Acorda-los períodos de aprendizaxe e os de adaptación que poidan aplicarse.

As partes da comisión paritaria poderán solicitar asesoramento externo.

Artigo 12º.-Revisión de tempos e rendementos.

Efectuaranse por algún dos seguintes feitos:

a) Por reforma dos métodos, medios ou procedementos.

b) Cando se incorrese de modo manifesto e indubitado en erro de cálculo ou medición.

c) Se no traballo se produciu algún cambio no número de traballadores, sempre e cando as medicións se realizasen para equipos dun número de compoñentes determinado, ou algunha modificación substancial nas condicións daquel.

d) Por acordo entre a empresa e a representación legal dos traballadores.

Se a revisión orixina unha diminución nos tempos asignados, establecerase un período de adaptación de duración non superior ó mes por cada 10% de diminución.

Os traballadores desconformes coa revisión poderán reclamar individualmente ante a autoridade competente, sen que iso paralice a aplicación dos novos valores.

Artigo 13º.-Rendemento normal ou mínimo, habitual e óptimo ou tipo.

Considérase rendemento normal ou mínimo e, polo tanto, esixible o 100 da escala de valoración centesimal, que equivale ó 75 da norma británica e ó 60 Bedaux. É o rendemento dun operario retribuído por tempo, cun ritmo comparable ó dun home con físico corrente que camiñe sen carga, por sitio chan e liña recta, á velocidade de 4,8 km á hora, durante toda a súa xornada.

Rendemento habitual é o que repetidamente vén obtendo cada traballador en cada posto de traballo, nas condicións normais do seu centro e nun período de tempo significativo.

Rendemento óptimo é o 133, 100 ou 80, en cada unha das escalas anteriormente citadas e equivale a un camiñar de 6,4 km/h. É un rendemento que non prexudica a integridade dun traballador normal, física nin psiquicamente, durante toda a súa vida laboral, nin tampouco lle impide un desenvolvemento normal da súa personalidade fóra do traballo. Constitúe o desempeño tipo ou ritmo tipo no texto da OIT. Introducción ó estudio do traballo.

Artigo 14º.-Incentivos.

Establécese un complemento de carencia de incentivo para cada categoría igual ó 25 por 100 do salario base que se asigne ou do revisado ou actualizado, se é o caso, e percibirá por día efectivo de traballo. O seu importe aparece reflectido nas táboas que se xuntan como anexos, en contía diaria e anual.

A implantación ou modificación dun réxime de incentivos en ningún caso poderá supoñer que, a igual actividade, se produza unha perda na retribución do traballador, por este concepto e no mesmo posto de traballo.

As reclamacións que poidan producirse en relación coas tarifas destes complementos deberán ser formuladas á representación legal dos traballadores. De non resolverse no seo da empresa, poderá formularse a oportuna reclamación ante a autoridade competente, sen prexuízo de que por iso deixe de aplicarse a tarifa obxecto de reclamación. Garantiranse as compensacións previstas para o período de adaptación, que deberán establecerse no ámbito da empresa ou no convenio provincial, se é o caso.

Se durante o período de adaptación o traballador ou traballadores afectados obtiveron rendemento superior ó normal, serán retribuídos de acordo coas tarifas que en previsión de tal evento se establecesen.

Se calquera dos traballadores remunerados a prima ou incentivo non dese o rendemento acordado, por causa unicamente imputable á empresa, malia aplica-la técnica, actividade ou dilixencia necesarias, terán dereito ó salario que estivese previsto. Se as causas motivadoras da diminución do rendemento fosen accidentais ou non se estendesen a toda a xornada, deberáselle compensar soamente ó traballador o tempo que dura a diminución. Para acreditar este dereito, será indispensable ter permanecido no lugar do traballo.

Capítulo III

Clasificación profesional

Artigo 15º.-Clasificación profesional.

Remitímonos ó acordo marco sobre sistema de clasificación profesional para a industria do metal, asinado por CC.OO., UGT metal, CIG metal e Confemetal, segundo Resolución do 5 de febreiro de 1996 publicado no BOE nº 55, do 4 de marzo.

Se durante a negociación do presente convenio non se concluíse a implantación do sistema de clasificación profesional para a industria do metal acordado con Confemetal, crearíase para o efecto unha comisión técnica, integrada por catro representantes dos empresarios e catro dos traballadores, co cometido de finaliza-lo proceso para a implantación do mencionado acordo, o cal se incorporaría ó convenio colectivo.

Capítulo IV

Ingresos, períodos de proba, escalas,

ascensos e cesamentos voluntarios

Artigo 16º.-Ingresos.

O empresario comunicaralles ós representantes legais dos traballadores o ou os postos de traballo que pensa cubrir, as condicións que deben reuni-los aspirantes e as características das probas de selección, salvo que a inmediatez da contratación impida a comunicación. Neste caso efectuarase posteriormente.

Realizaranse as probas de ingreso que se consideren oportunas e clasificarase o persoal conforme as funcións para as que foi contratado.

Os novos ingresos realizaranse coa consideración debida á promoción profesional interna e coa presencia dos representantes dos traballadores.

As novas contratacións notificaránselles ós representantes dos traballadores.

Ó asinamento do contrato poderá asistir un representante dos traballadores sempre que o solicite o traballador.

As empresas afectadas por este convenio poderán realizar contratos de traballo de duración determinada, tal e como se establece na lexislación vixente, coas seguintes peculiaridades:

A) Contratos de formación:

Este tipo de contrato rexerase polas seguintes regras:

Poderanse realizar contratos de formación para tódalas categorías profesionais, agás para as de mozo, con traballadores e traballadoras maiores de dezaseis anos e menores de vinteún que carezan da titulación requirida para realizar un contrato en prácticas. Non se aplicará o límite máximo de idade cando o contrato se concerte cun traballador minusválido.

A duración mínima do contrato será de 6 meses e máxima de 2 anos. No ámbito estatal poderanse establecer outras duracións cando se concerten para a aprendizaxe de oficios especiais.

A formación teórica terá unha duración míníma do 15% da xornada laboral diaria e máxima do 20%, e poderase impartir acumulando semestralmente o tempo destinado a formación. Por acordo coa representación legal dos traballadores, poderanse establecer períodos de formación ó comezo do contrato no intermedio e na fase final, distribuíndose homoxeneamente o tempo total que corresponda a formación.

No momento de remate do contrato, o empresario deberalle entregar ó traballador un certificado no que conste a duración da formación teórica e o nivel da formación práctica adquirida.

O salrio de contratación destes traballadores será igual ó salario mínimo interprofesional para o primeiro ano e o salario mínimo interporfesional máis un 10% para o segundo ano.

Non obstante, dado o número de traballadores con contrato de aprendizaxe en vigor, mantense o establecido no texto do convenio colectivo de 1997, no que se refire ó salario de contratación destes traballadores.

B) Contratos en prácticas:

A retribución dos traballadores cun contrato en prácticas será do 85% ou do 95% do salario asignado para a súa categoría, grupo ou nivel, durante o primeiro ou o segundo ano de vixencia do contrato, respectivamente.

C) Contratos de duración determinada por circunstancias do mercado, acumulación de tarefas ou exceso de pedidos.

Estes contratos poderán ter unha duración máxima de trece meses e medio dentro dun período de dezaoito meses.

D) As empresas que contraten traballadores a través de contratos formativos (contrato para a formación e contrato en prácticas) estarán obrigadas a converter un 40%, como mínimo, destes contratos en contratos indefinidos de fomento do emprego, cando se alcanzase o prazo máximo legal de duración destes (2 anos).

As empresas que contraten traballadores a través de contratos de duración determinada por circunstancias da producción, artigo 3 da Lei 63/1997, do 26 de decembro, estarán obrigadas, no momento do remate da duración máxima legal destes (13,5 meses), a converter un 25%, como mínimo, destes contratos en contratos indefinidos de fomento do emprego.

E) Durante toda a vixencia deste convenio será posible a conversión de tódolos contratos temporais en contratos para o fomento da contratación indefinida regulados na disposición adicional primeira da Lei 63/1997.

Artigo 17º.-Período de proba.

O ingreso dos traballadores considerarase feito de proba se así consta por escrito. O dito período será variable segundo sexan os postos de traballo que se vaian cubrir e que, en ningún caso, poderá exceder do tempo fixado na seguinte escala:

-Persoal titulado: catro meses extensibles a seis por petición do traballador.

-Persoal técnico non titulado e administrativo: un mes, extensible a dous, por petición do traballador.

-Persoal subalterno, aprendices, profesionais siderúrxicos, profesionais de oficio, especialistas e peóns: quince días.

Durante o período de proba, a empresa e o traballador poderán resolve-lo contrato de traballo sen prazo de aviso previo e sen dereito a ningunha indemnización.

Transcorrido o período de proba sen que se produza desistimento, o contrato producirá plenos efectos, computándose o tempo dos servicios prestados na antigüidade do traballador na empresa.

Salvo pacto en contrario, a situación de IT que afecte ó traballador durante o período de proba interromperá o cómputo deste, que se continuará a partir da data da reincorporación efectiva ó traballo.

Artigo 18º.-Escalas.

As empresas confeccionarán anualmente as escalas do seu persoal, establecéndose unha escala por cada profesión ou oficio. Na súa confección deberá especificarse:

a) Nome e apelidos.

b) Data de ingreso na empresa.

c) Categoría profesional á que pertence o traballador.

d) Data de alta na categoría profesional.

e) Número de orde derivado da data de ingreso.

A orde de cada traballador na escala virá determinada pola data de alta na respectiva categoría profesional. En caso de igualdade, terase en conta a data de ingreso na empresa e se esta é a mesma, a maior idade do traballador.

Contra esta escala caberá reclamación fundamentada dos traballadores a través dos seus representantes legais, no prazo dun mes, ante a dirección da empresa, que deberá resolver sobre a dita reclamación no prazo de 15 días.

A empresa, dentro do primeiro trimestre natural de cada ano, exporá o censo do persoal nos taboleiros de anuncios cos datos sinalados.

Artigo 19º.-Ascensos.

Na provisión de vacantes en réxime de ascensos, de cada tres prazas unha proverase por antigüidade, e esta corresponderá á orde prevista na escala da profesión ou oficio na que se convocase a vacante, salvo que se acredite a carencia de aptitude do traballador, e as outras dúas por concurso e probas de aptitude.

Os ascensos suxeitaranse ó réxime seguinte:

A) O ascenso dos traballadores a postos de traballo que impliquen mando ou confianza, será de libre designación pola empresa.

B) Para ascender a unha categoría profesional superior, estableceranse sistemas de carácter obxectivo, tomando como referencia, entre outras, as seguintes circunstancias:

a) Titulación adecuada.

b) Coñecemento do posto de traballo.

c) Historial profesional.

d) Ter desempeñada función de superior categoría profesional.

e) Superar satisfactoriamente as probas que se propoñan, que serán adecuadas ó posto que se vaia desempeñar.

f) A permanencia na categoría profesional.

C) En idénticas condicións de idoneidade, adxudicaráselle o ascenso ó máis antigo.

Os representantes legais dos traballadores controlarán a aplicación correcta do anteriormente sinalado.

Artigo 20º.-Cesamentos voluntarios.

Os traballadores que desexen cesar voluntariamente no servicio da empresa virán obrigados a poñelo en coñecemento desta, cumprindo os seguintes prazos de aviso previo:

-Persoal titulado: 2 meses.

-Persoal técnico non titulado e administrativo: 1 mes.

-Persoal subalterno, aprendices, profesionais siderúrxicos, profesionais de oficio, especialistas e peóns: 15 días.

O incumprimento da obriga de avisar coa referida antelación dará dereito á empresa a descontar da liquidación do traballador unha contía equivalente ó importe do seu salario diario por cada día de atraso no aviso.

Se se avisou coa referida antelación, a empresa estará obrigada a liquidar ó finaliza-lo citado prazo os conceptos fixos que poidan ser calculados ó momento. O resto dos conceptos serano no momento habitual de pagamento.

O incumprimento desta obriga imputable á empresa levará aparellado o dereito do traballador a ser indemnizado polo importe do seu salario diario por cada día de atraso na súa liquidación, con límite da duración do propio prazo de aviso previo. Non se dará tal obriga e, por conseguinte, non nace este dereito, se o traballador incumpriu a de avisar coa antelación debida.

Capítulo V

Mobilidade

Artigo 21º.-Mobilidade do persoal.

a) Denomínase mobilidade funcional a mobilidade do persoal dentro dos límites do centro de traballo, que implique cambio de posto de traballo.

b) Denomínase mobilidade xeográfica o traslado do persoal que implique cambio de centro de traballo de carácter permanente.

c) Denomínase desprazamento do persoal a mobilidade do persoal de carácter temporal, ata o límite dun ano, a localidade distinta da súa residencia habitual.

Artigo 22º.-Mobilidade xeográfica.

Por razóns económicas, técnicas, organizativas ou de producción, ou ben por contratacións referidas á actividade empresarial a empresa poderá despraza-los seus traballadores con carácter temporal, a localidade distinta á da súa residencia habitual, aboando, ademais dos salarios, os gastos de viaxe e as axudas de custos.

O traballador deberá ser informado do desprazamento cunha antelación suficiente á data da súa efectividade, que non poderá ser inferior a 5 días laborables no censo de desprazamentos de duración superior a 15 días.

Se prexuízo da executividade do desprazamento no prazo de incorporación citado, o traballador que, non optando pola extinción do seu contrato, se mostre desconforme coa decisión empresarial, poderá impugnala ante a xurisdicción competente.

Incorporación a obra.

Non existe desprazamento, senón incorporación a obra dentro do territorio nacional, nas empresas de montaxe, tendido de liñas, electrificación de ferrocarrís, tendido de cables e redes telefónicas, etc., para o persoal contratado especificamente para estes efectos, nas cales a mobilidade xeográfica é condición habitual da súa actividade en consonancia coa carácter transitorio, móbil ou itinerante dos seus centros de traballo, que se trasladan ou desaparecen coa propia execución das obras.

Se a incorporación a obra se prevé por tempo superior a 6 meses, o empregador verase obrigado a avisalo con 10 días, como mínimo, de antelación. Se a incorporación a obra se prevé por tempo entre 15 días e 6 meses, o aviso será de 5 días.

Se o desprazamento ou a incorporación a obra é por tempo superior a tres meses, o traballador terá dereito a un mínimo de catro días laborables de descanso no seu domicilio de orixe por cada tres meses de desprazamento, sen computar como tales os de viaxe, gastos que serán por conta do empresario.

En todo caso, o tempo empregado na viaxe de desprazamento ou incorporación terá a consideración de traballo efectivo.

Non se entenderá que se producen as causas de desarraigo familiar previstas no Estatuto dos traballadores, artigo 40º, nin consecuentemente se dará lugar a días de descanso ou vacación cando o traballador pactase co seu empregador e este aboase o desprazamento del e da súa familia.

De mutuo acordo, poderase compensa-lo desfrute dos ditos días por contía económica.

Os días de descanso poderán acumularse, debendo engadirse o seu desfrute ás vacacións, Semana Santa ou Nadal.

Artigo 23º.-Saídas, viaxes e axudas de custo.

Tódolos traballadores que, por necesidade da industria e por orde da empresa, teñan que efectuar viaxes ou desprazamentos a localidades distintas a aquelas en que radique a empresa ou taller, desfrutarán sobre o seu salario as compensacións que se determinen no presente convenio colectivo, regulamentos de réxime interior ou normas a este respecto, fixándose, como mínimo, e para tódalas categorías 4.000 pesetas se o desprazamento que se realiza é inferior ou igual a 125 km e 4.800 pesetas se é superior a 125 km. A media axuda de custo establécese en 1.600 ptas.

Os días de saídas devengarán idéntica axuda de custo e os de chegada quedarán reducidas á metade, cando o interesado pernocte no seu domicilio, a menos que tivese que efectuar fóra as dúas comidas principais.

Se os traballos se efectúan de forma tal que o traballador só teña que realizar fóra do lugar habitual a comida, percibirá media axuda de custo.

As viaxes de ida e volta serán sempre por conta da empresa, que estará obrigada a facilitarlles billetes de primeira clase a tódalas categorías.

Non se adquire dereito a axuda de custo cando os traballos se leven a cabo nos locais pertencentes á mesma industria, en que non se prestan servicios habituais, se non están situados a distancia que exceda de tres quilómetros da localidade onde está situada a industria. Aínda que exceda da dita distancia, non se devengarán axudas de custo cando a localidade onde se vaia prestar eventualmente traballo resulte se-la residencia do productor, sempre que independentemente desta circunstancia non se lle ocasione prexuízo económico determinado.

Nos casos en que os traballos se realicen en locais que non sexan habituais, a empresa deberá aboar sempre os gastos de locomoción ou proporciona-los medios adecuados de desprazamento.

Non obstante o anterior, na actividade de tendido de liñas, electrificación de ferrocarrís, tendido de cables e redes telefónicas, se a incorporación ou permanencia na obra obrigase o traballador a pernoctar fóra do seu domicilio habitual, percibirá en concepto de axuda de custo, en lugar do regulado anteriormente, un importe mínimo equivalente ó 145% do salario mínimo interprofesinal en vigor, en cada momento.

O persoal comprendido nas actividades a que se fai referencia no parágrafo anterior que por presta-los seus servicios nas obras que realice a empresa non teña un lugar fixo e determinado de traballo, percibirá en concepto de compensación dos gastos por efectua-lo xantar fóra do seu domicilio, como mínimo o 50% do salario mínimo interprofesional en vigor, en cada momento.

Non serán aplicables estas compensacións cando os citados traballos sexan levados a cabo polas propias empresas eléctricas, telefónicas ou ferroviarias, con persoal afectado polos seus correspondentes convenios.

Cando a regulación que antecede interfira co actualmente vixente nalgún convenio de ámbito inferior, será de aplicación o disposto neste último.

Se por circunstancias especiais os gastos orixinados polo desprazamento superan o importe das axudas de custo, o exceso deberá ser aboado pola empresa, con coñecemento previo desta e posterior xustificación polos traballadores.

Artigo 24º.-Traballadores españois no estranxeiro.

1. Os desprazamentos dos traballadores españois contratados en España ó servicio de empresas españolas no estranxeiro, rexeranse con carácter xeral por este artigo, sen prexuízo das normas de orde pública que lles sexan de aplicación no país de destino e terán sempre carácter voluntario para o traballador.

2. Os gastos de viaxe serán por conta do empresario.

3. Os traballadores a que se refire este artigo conservarán tódolos dereitos que lles corresponderían de continuaren traballando no territorio español, someténdose á xurisdicción dos tribunais españois respecto das controversias na interpretación e aplicación das súas condicións de traballo exterior.

4. Como mínimo aplicaránselles a estes traballadores as condicións seguintes:

a) Considerarase a súa xornada laboral a que rexa no lugar de prestación do traballo, aboándose a diferencia con respecto á que fose de aplicación en España cunha recarga do 75%.

As horas que excedan da xornada laboral que rexa no lugar de prestación dos servicios terán a consideración de horas extraordinarias.

b) Para efecto do cálculo de remuneracións e horas extraordinarias, a hora base establecerase baseándose nas remuneracións que o traballador percibiría en España de seguir realizando as mesmas funcións, de acordo co que, convencional ou legalmente, lle sexa de aplicación.

c) As condicións de hixiene e seguridade vixentes en España, no que se refire ó lugar de traballo, deberán aplicarse no estranxeiro, salvo que as características do lugar de traballo non o permitan.

d) O aloxamento deberá reuni-las condicións de hixiene e salubridade esixibles en España, sempre que as características do lugar de traballo o permitan.

e) En caso de incapacidade temporal, o traballador terá dereito a percibi-las prestacións que poidan corresponderlle en dereito.

Igualmente, serán de aboamento as cantidades pactadas como fórmula compensatoria estipulada en concepto de gastos de aloxamento, mantenza e axudas de custo.

Se transcorrido un período de 30 días o traballador permanece en situación de IT, a empresa poderá repatria-lo traballador, ou antes, se mediante dictame médico, se prevé que a curación excederá dese prazo, percibindo desde o ingreso as prestacións que legalmente lle correspondan.

A empresa non poderá repatria-lo traballador, mesmo transcorridos 30 días desde o comezo da IT, cando o traslado do traballador fose perigoso ou gravemente danoso para a súa saúde a xuízo do facultativo que o trate.

Mentres o traballador non sexa repatriado e permaneza en situación de IT, continuará percibindo o tratamento previsto no parágrafo primeiro deste punto.

f) Se fose pactado un complemento de permanencia no estranxeiro, para ser aboado en España á finalización do traballo, o traballador terá dereito a percibi-la parte proporcional da contía establecida se

regresa de España por causa de enfermidade, accidente ou outra non imputable ó traballador.

Se o traballador abandonase voluntariamente o traballo, aplicarase o pactado en contrato.

g) Os traballadores terán dereito a realizar, como mínimo, unha viaxe de vacacións a España por cada ano de traballo no estranxeiro, sendo os gastos de transporte por conta da empresa.

Artigo 25º.-Traballo en distinta categoría profesional.

A empresa, por necesidades organizativas ou productivas, poderá destina-los traballadores a realizar traballos ou tarefas nunha categoría profesional distinta á súa e reintegrará o traballador ó seu antigo posto cando cese a causa que motivou o cambio.

Estes cambios seranlles suficientes e previamente xustificados ós representantes legais dos traballadores, salvo por necesidades perentorias ou imprevisibles da actividade productiva, sen prexuízo de posterior xustificación.

Cando se trate dunha categoría superior, este cambio non poderá ser de duración superior a catro meses ininterrompidos, salvo os casos de substitución por servicio militar, enfermidade profesional ou accidente de traballo. A retribución, en tanto se desempeñe traballo en categoría superior, será a correspondente a ela. No caso de que un traballador ocupe postos de categoría profesional superior durante doce meses alternos, consolidará o salario do dito posto a partir dese momento, sen que iso supoña necesariamente a creación del.

Se por necesidades perentorias e imprevisibles da actividade productiva se tivese que destinar un traballador a unha categoría inferior, o cambio realizarase polo tempo indispensable e esta situación non poderá prolongarse máis de dous meses ininterrompidos, conservando, en todo caso, a retribución correspondente á súa categoría de orixe. As empresas tratarán de evitar reitera-lo devandito cambio cun mesmo traballador. Se o cambio se producise por petición do traballador, o seu salario acondicionarase segundo a nova categoría profesional.

Artigo 26º.-Por diminución da capacidade física.

Nos casos en que fose necesario efectuar mobilidade de persoal en razón da capacidade física diminuída do traballador, procurarase que esta se produza dentro da categoría profesional a que o traballador pertenza e se fose necesario que ocupase posto pertencente a unha categoría inferior, conservará a retribución do seu posto de orixe e no caso de que a empresa contase con valoración de postos de traballo, percibirá o salario de cualificación correspondente no momento de cambio de posto a dous niveis como máximo por debaixo do que viña percibindo.

Se o posto a que fose cambiado correspondese a categoría superior, percibirá a retribución desta.

Artigo 27º.-Traslado do centro de traballo.

No suposto de que a empresa pretenda traslada-lo centro de traballo fixo a outra localidade que non comporte cambio de domicilio do traballador, e sen prexuízo das disposicións vixentes nesta materia, virá obrigada a comunicárllelo ós representantes legais dos traballadores con tres meses de antelación, salvo caso de forza maior.

Deberán detallarse no dito aviso os extremos seguintes:

-Motivo técnico, productivo, económico, etc. de tal decisión.

-Lugar onde se proxecta traslada-lo centro de traballo.

En calquera caso, se por motivos de traslado resultase un gasto adicional para o traballador, este deberá ser compensado pola empresa da forma que se determine de mutuo acordo.

Capítulo VI

Formación profesional

Artigo 28º.-Formación profesional.

As partes asinantes coinciden en que unha das causas da deficiente situación do mercado de traballo deriva do afastamento da formación profesional respecto de necesidades auténticas de man de obra, e da carencia dunha formación ocupacional continua para a actualización de adaptación dos traballadores activos ás novas características das tarefas na empresa.

A formación profesional, en tódalas súas modalidades (inicial ou continua) e niveis, debe ser considerada como un instrumento máis de significativa validez, que coadxuve a logra-la necesaria conexión entre as cualificacións dos traballadores e os requirimentos do mercado de traballo (emprego). E nunha perspectiva máis ampla, ser un elemento dinamizador que acompañe o desenvolvemento industrial a longo prazo, permita a elaboración de productos de maior calidade que favorezan a competitividade das nosas empresas españolas no ámbito internacional; e faga posible a promoción social integral do traballador, promovendo a diversificación e afondamento dos seus coñecementos e habilidades de modo permanente.

Para estes efectos, as partes asinantes coidan conveniente:

-Realizar, por si ou por medio de entidades especializadas, estudios de carácter prospectivo respecto das cualificacións futuras e necesidades de man de obra no sector do metal.

-Desenvolver e promove-la aplicación efectiva do artigo 22 do Estatuto dos traballadores, así como dos convenios internacionais subscritos por España, referentes ó dereito a formación continua, facilitando o tempo necesario para a formación.

-Propoñer e executar accións formativas nas súas diversas modalidades e niveis, xa sexa con programas que poidan impartirse nos centros de formación de empresa, ou os que no futuro puidesen constituírse, como a través dos programas nacionais ou internacionais desenvolvidos por organismos competentes.

-Colaborar, segundo as propias posibilidades, ou mediante entidades especializadas, no diagnóstico e deseño de programas puntuais de formación nas empresas, tendo en conta as especificacións e necesidades concretas, así como as características xenéricas ou individuais dos traballadores afectados.

-Coordinar e segui-lo desenvolvemento de formacións en prácticas de alumnos que sexan recibidos polas empresas no marco dos acordos asinados a nivel sectorial ou por empresas.

-Avaliar de maneira continuada tódalas accións emprendidas, co fin de revisa-las orientacións, promover novas actividades e actualiza-la definición dos obxectivos da formación profesional.

-Nesta perspectiva, as partes asinantes deste convenio acordan:

-Adherirse ó II Acordo Nacional de Formación Continua, subscrito polas confederacións de CC.OO., UGT, CIG e CEOE-CEPYME, segundo Resolución do 14 de xaneiro de 1997, publicado no BOE nº 28, do 1 de febreiro.

-Realiza-los cursos de formación continua a través de plans agrupados ou empresas. Respecto ó horario en que deben efectuarse os cursos que eventualmente se organicen, as partes remítense ó que poida acordarse a nivel empresa usuaria.

Capítulo VII

Seguridade e hixiene

Artigo 29º.-Seguridade e hixiene.

As organizacións que subscriben este acordo desenvolverán as accións e medidas en materia de seguridade e saúde laboral que sexan necesarias para lograr unhas condicións de traballo onde a saúde do traballador non se vexa afectada por elas.

Estas accións e medidas deberán estar encamiñadas a lograr unha mellora da calidade de vida e do ambiente de traballo, desenvolvendo obxectivos de promoción e defensa da saúde, mellora das condicións de traballo, potenciación das técnicas preventivas como medio para a eliminación dos riscos na súa orixe e a participación sindical dos centros de traballo.

As empresas deberán dotarse dun plan de prevención en materia de saúde e seguridade, así como dos servicios necesarios para a realización del, de acordo cos criterios recoñecidos internacionalmente. Os representantes legais dos traballadores e/ou as organizacións asinantes participarán na súa elaboración e velarán polo cumprimento do anteriormente sinalado.

Poderanse establecer para varios centros de traballo pertencentes a empresas ou sectores de actividades similares dentro da industria siderometalúrxica. Neste caso participarán as centrais sindicais asinantes.

Os traballadores, os seus representantes legais e/ou as súas organizacións asinantes participarán na mellora das condicións de traballo nos lugares onde se desenvolve a súa actividade laboral. Esta participación desenvolverase de acordo co establecido na vixente normativa ó respecto.

Adecuaranse as medidas na empresa para potencia-lo labor preventivo do persoal designado por ela ou do servicio de prevención, de existir este, facilitándolle os medios ó respecto.

Elaborarase un plan de emerxencia e evacuación que responda ás necesidades da empresa en función da súa actividade laboral, con participación dos representantes legais dos traballadores.

As técnicas preventivas deberán ir encamiñadas á eliminación do risco para a saúde do traballador desde a súa propia xeración, tanto no que afecta ás operacións que haxa que realizar coma nos elementos empregados no proceso.

Extremaranse as medidas de seguridade e hixiene nos traballos especialmente tóxicos e perigosos, adoptando as oportunas accións preventivas.

A formación en materia de saúde laboral e o adestramento profesional é un dos elementos esenciais para a mellora das condicións de traballo e seguridade. As partes asinantes deste convenio significan a importancia da formación como elemento de prevención, comprometéndose, así mesmo, a realizala de forma eficiente.

Ante a realidade que supón a existencia de persoas que polas súas características especiais, son máis susceptibles ante determinados riscos, deberán considerarse medidas preventivas especiais.

Nas empresas con riscos para a saúde dos traballadores, deberán establecerse as adecuadas proteccións colectivas para a reducción daqueles, con preferencia respecto ás persoais. En todo caso, as proteccións persoais deberán axustarse á lexislación vixente.

De acordo coas esixencias técnicas da maquinaria empregada nos distintos procesos industriais, a empresa deberá realizar de forma eficaz as oportunas accións de mantemento preventivo delas, de forma que contribúa a eleva-lo nivel de seguridade e confort no local de traballo.

A contaminación do ambiente derivada das instalacións industriais, afecta por igual a traballadores e empregadores, por iso, e independentemente das medidas legais implantadas ó respecto, as empresas deberán dotarse das adecuadas medidas para evita-la devandita contaminación ambiental.

Nos aspectos non incluídos no presente acordo será de aplicación o establecido na Lei de prevención de riscos laborais e demais regulamentos e normas complementarias dela.

Capítulo VIII

Tempo de traballo

Artigo 30º.-Xornada.

Os traballadores afectados por este convenio terán, ata tanto se modifique legalmente, unha xornada laboral máxima anual de 1.775 horas de traballo efectivo para o ano 2001.

Respectaranse as xornadas actualmente existentes que no seu cómputo anual sexan máis beneficiosas para os traballadores.

A duración máxima da xornada ordinaria de traballo será de corenta horas semanais de traballo efectivo de media, respectando en cómputo anual a xornada máxima antes indicada.

Respectando o número de horas anuais de traballo convidas, así como os períodos mínimos de descanso diario ou semanal, cada empresa poderá realizar unha distribución irregular da xornada en períodos de tres meses.

O número de horas anuais que poderán ser aplicadas á distribución heteroxénea da xornada non poderá supera-las 70. En cada período trimestral, a distribución semanal poderá supera-las corenta horas de traballo co límite de nove horas diarias. O exceso de horas traballadas compensarase nos períodos de menos traballo.

A distribución heteroxénea do máximo de 70 horas indicadas no parágrafo anterior realizarase respectando o calendario laboral preestablecido en cada empresa.

Antes do inicio de cada período de distribución irregular de xornada, publicarase o calendario correspondente ó dito período. Esta publicación realizarase como mínimo con quince días de antelación ó inicio do devandito período.

Artigo 31º.-Xornada. Normas complementarias.

Nas empresas de tendido de liñas, electrificación de ferrocarrís, tendido de cables e redes telefónicas, a xornada de traballo empezará a contarse desde o momento en que o traballador abandone o medio de locomoción facilitado pola empresa e terminará no lugar de traballo.

A empresa proporcionaralle e custearalle a todo o seu persoal locomoción para trasladarse ós traballos que estean situados fóra dos límites territoriais da localidade en que foron contratados.

A empresa aboará o equivalente a unha soa hora sinxela de traballo, non computable para efectos de xornada, sempre que o tempo empregado nos medios de locomoción exceda de hora e media.

Artigo 32º.-Horas extraordinarias.

As partes asinantes deste convenio asumen expresamente o criterio de reducción das horas extraordinarias ó nivel máis baixo que resulte compatible co adecuado aproveitamento dos recursos industriais da empresa, tendo a consideración de estructurais dentro dos límites que fixa o Estatuto dos traballadores, así como cando resulten necesarias para facer posible o cumprimento de compromisos e necesidades operativas que non puideron ser planificadas con anterioridade, e coa observancia dos requisitos establecidos na lexislación vixente. Por este motivo recoméndase a análise, no seo das empresas, da conveniencia de substituí-las horas extraordinarias por novas contratacións. Así mesmo, as partes consideran positivo sinalarlles ós seus representados a posibilidade de compensar, preferentemente á súa retribución, horas extraordinarias por tempo de descanso.

Clasificación das horas extraordinarias:

a) Forza maior.-Son as esixidas pola necesidade de previr ou reparar sinistros ou outros análogos que puideran producir evidentes e graves prexuízos tanto á empresa como a terceiros, así como para previ-los riscos de perda de materias primas.

b) Períodos punta imprevisibles.-Son as necesarias para previr un grave quebranto á actividade se foi imprevisible e a súa constatación é evidente, tales como: ausencias imprevistas, posta en marcha ou paradas, cambios de quenda ou outras análogas. Manterase a realización desta modalidade cando non caiba, na súa substitución, a utilización das distintas modalidades de contratación temporal ou parcial previstas pola lei.

As horas extraordinarias pola súa natureza son voluntarias, exceptuando aquelas que se non se realizan lle producen á empresa graves prexuízos ou impiden a continuidade da producción, e as dos demais supostos de forza maior.

Retribución das horas extraordinarias.

Tomarase como base de cálculo o valor da hora ordinaria, a cal será multiplicada por un coeficiente de maioración en función da clasificación seguinte:

* Horas extraordinarias realizadas en días laborables:

Coeficiente = 1,60.

* Horas extraordinarias realizadas en festivos:

Coeficiente = 1,75.

Artigo 33º.-Vacacións.

Os traballadores afectados por este convenio terán unha vacación anual retribuída de 30 días naturais. O período de desfrute fixarase de común acordo entre o empresario e o traballador, podendo convir na división en dous do período total.

As vacacións anuais non poderán ser compensadas en metálico.

Sen prexuízo do establecido na lexislación vixente e en desenvolvemento desta materia establécese:

Os traballadores que na data determinada para o desfrute da vacación anual non completasen un ano efectivo na empresa, desfrutarán dun número de días proporcional ó tempo de servicios prestados. Neste suposto, de estar establecido un peche do centro que imposibilite a realización das funcións do traballador, este non sufrirá mingua na súa retribución.

Se durante o desfrute das vacacións se producise unha situación de baixa por incapacidade laboral transitoria, debida a enfermidade ou accidente non laboral, quedarán interrompidas as vacacións, continuando o desfrute delas nas datas, que de común acordo fixasen ámbalas partes.

O persoal con dereito a vacacións que cese no transcurso do ano, terá dereito á parte proporcional da vacación segundo o número de meses traballados.

Ós traballadores que ó inicio do desfrute das vacacións se atopen incorporados a unha obra en lugar distinto ó da súa residencia habitual, recoñeceránselles dous días naturais máis ó ano, en concepto de tempo de viaxes de ida e regreso ó mesmo centro de traballo, se o tempo de cada viaxe excede de 4 horas, computadas en medios de locomoción públicos.

En canto á retribución das vacacións será de aplicación o convido en ámbitos inferiores e, no seu defecto, os días de vacacións serán retribuídos conforme a media obtida polo traballador, salarios, primas, antigüidade, tóxicos, penosos ou perigosos, nos tres últimos meses traballados con anterioridade á data de iniciación delas.

Artigo 34º.-Licencias sen soldo.

En caso extraordinario, debidamente acreditado, poderanse conceder licencias polo tempo que sexa preciso sen percepción de haberes, co desconto do tempo de licencia para efectos de antigüidade.

Naquelas empresas en que o proceso productivo o permita, os traballadores cunha antigüidade maior de cinco anos, poderán solicitar licencias sen soldo polo límite máximo de doce meses (tempo sabático), cando a licencia teña como fin o desenvolvemento profesional e humano do traballador.

Artigo 35º.-Excedencias.

A) Excedencia forzosa:

Concederase excedencia forzosa, que dará dereito á conservación do posto e ó cómputo da antigüidade da súa vixencia, pola designación ou elección para un cargo público que imposibilite a asistencia ó traballo.

Tamén se lles concederá excedencia forzosa ós cargos electos a nivel provincial, autonómico ou estatal das organizacións sindicais máis representativas.

O reingreso deberá ser solicitado dentro do mes seguinte ó cesamento no cargo público ou función sindical.

B) Excedencia voluntaria:

Os traballadores cun ano de servicio, poderán solicita-la excedencia voluntaria por un prazo mínimo de dous anos e non superior a cinco anos, non computándose o tempo que dure a situación para ningún efecto e sen que en ningún caso se poida producir nos contratos de duración determinada. Este dereito só poderá ser exercido outra vez polo mesmo traballador se transcorreron catro anos desde o final da anterior excedencia.

Os traballadores terán dereito a un período de excedencia non superior a tres anos para atende-lo coidado de cada fillo, contado desde a data de nacemento deste. Os sucesivos fillos darán dereito a un novo período de excedencia que, se é o caso, porá fin ó que se viñese desfrutando. Non obstante, se dous uo máis traballadores da mesma empresa xerasen este dereito polo mesmo suxeito causante, o empresario poderá limita-lo seu exercicio simultáneo por razóns xustificadas de funcionamento na empresa. Neste suposto, cando a excedencia non sexa superior a un ano, o reingreso será automático.

O reingreso deberá solicitarse por escrito, coa antelación mínima dun mes á terminación da excedencia voluntaria.

O traballador excedente conserva só un dereito preferente ó reingreso, se non existise vacante na súa categoría profesional e si nunha inferior, o excedente poderá ocupar esta praza co salario correspondente a ela, ata que se produza unha vacante na súa categoría profesional, ou non reingresar ata que se produza a dita vacante.

Capítulo IX

Política salarial

Artigo 36º.-Salarios.

Os salarios que percibirá o persoal afecto ó presente convenio colectivo son os recollidos nas táboas que se achegan como anexo I e II do presente convenio.

Artigo 37º.-Compoñentes do salario.

As retribucións dos traballadores incluídos neste convenio estará constituídas polo salario base mailos complementos deste. Os ditos complementos poderán ser persoais (antigüidade, etc.), de vencemento periódico superior ó mes, como son as gratificacións extraordinarias.

Os complementos de postos de traballo por razón das características deste, así como, por calidade ou cantidade de traballo (primas, incentivos, etc.) consideraranse complementos non consolidables no salario do traballador.

Artigo 38º.-Incremento salarial.

Acórdase incrementa-las táboas salariais nun 3,25% para o ano 2001.

Artigo 39º.-Revisión salarial.

Rematado o exercicio 2001, procederase a unha revisión salarial consistente en aplica-la diferencia positiva entre o incremento pactado e os parámetros dos índices de prezos ó consumo (IPC), desde a data en que este supere o 2,5% ata o 31 de decembro de 2001. Este novo incremento, en caso de operar, conformará un novo parámetro como base de cálculo para o incremento de 2002.

A revisión salarial aboarase nunha soa paga durante o primeiro trimestre de 2002.

Capítulo X

Réxime disciplinario

Artigo 40º.-Réxime disciplinario.

Os traballadores poderán ser sancionados pola dirección da empresa de acordo coa graduación de faltas e sancións que se establecen nos artigos seguintes.

Artigo 41º.-Graduación de faltas.

Toda falta cometida por un traballador clasificarase, atendendo á súa importancia, trascendencia e intención en leve, grave e moi grave.

Artigo 42º.-Faltas leves.

Consideraranse faltas leves as seguintes:

a) Dunha a tres faltas de puntualidade sen xustificación no período dun mes.

b) Non notificar con carácter previo ou, se é o caso, dentro das 24 horas seguintes á falta, salvo caso de forza maior, a razón da ausencia ó traballo, a non ser que se probe a imposibilidade de telo feito.

c) O abandono do servicio sen causa xustificada, mesmo por breve tempo. Se como consecuencia del se organizase prexuízo dalgunha consideración á empresa ou fose causa de accidente ós seus compañeiros de traballo, esta falta poderá ser considerada como grave ou moi grave, segundo os casos.

d) Pequenos descoidos na conservación do material.

e) Faltas de aseo ou limpeza persoal.

f) Non atende-lo público coa corrección ou dilixencia debidas.

g) Non comunicarlle á empresa os cambios de residencia ou domicilio.

h) Discutir violentamente cos compañeiros dentro da xornada de traballo.

i) Faltar ó traballo un día ó mes sen causa xustificada.

Artigo 43º.-Faltas graves.

a) Máis de tres faltas non xustificadas de puntualidade na asistencia ó traballo cometidas no período de 30 días.

b) Falta de 1 a 3 días ó traballo durante un período de 30 días sen causa que o xustifique. Abondará cunha soa falta cando tivera que relevar a un compañeiro ou cando como consecuencia dela se causase prexuízo dalgunha consideración á empresa.

c) Non comunicar coa puntualidade debida os cambios experimentados na familia que poidan afectar á Seguridade Social. A falsidade nestes datos considerarase falta moi grave.

d) Entregarse a xogos durante a xornada de traballo.

e) A desobediencia ós seus superiores en calquera materia de traballo, incluída a resistencia e obstrucción a novos métodos de racionalización do traballo. Se implicase quebranto manifesto da disciplina ou dela se derivase prexuízo notorio para a empresa, poderá ser considerada falta moi grave.

f) Simula-la presencia doutro no traballo, asinando ou fichando por el.

g) A neglixencia ou desidia no traballo que afecte a boa marcha deste.

h) A imprudencia en acto de traballo. Se implicase risco de accidente para o traballador, para os seus compañeiros, ou perigo de avaría para as instalacións, poderá ser considerada como moi grave. En todo caso considerarase imprudencia en acto de servicio non usar roupa e aparellos de seguridade de carácter obrigatorio.

i) Realizar sen o oportuno permiso, traballos particulares durante a xornada, así como empregar, para usos propios, ferramentas da empresa.

j) A reincidencia en falta leve (excluída a puntualidade) aínda que sexa de distinta natureza, dentro dun trimestre e mediando sanción que non sexa a de amoestación verbal.

Artigo 44º.-Faltas moi graves.

Considéranse faltas moi graves as seguintes:

a) Máis de dez faltas non xustificadas de puntualidade cometidas nun período de seis meses, ou vinte nun ano.

b) As faltas inxustificadas ó traballo durante tres días consecutivos ou cinco alternos nun período dun mes.

c) A fraude, deslealdade ou abuso de confianza nas xestións encomendadas e o furto ou roubo, tanto ós compañeiros de traballo coma á empresa, ou a calquera outra persoa dentro das dependencias da empresa ou durante o traballo en calquera outro lugar.

d) Os delictos de roubo, estafa, malversación, cometidos fóra da empresa ou calquera outra clase de delicto común que poida implicar para esta desconfianza cara ó seu autor, salvo que fose absolto deles.

e) A simulación de enfermidades ou accidente. Entenderase sempre que existe falta cando un traballador en baixa por tales motivos realice traballos de calquera índole por conta propia ou allea. Tamén se comprenderá neste punto toda manipulación feita para prolonga-la baixa por accidente ou enfermidade.

f) A continua e habitual falta de aseo e limpeza de tal índole, que produza queixas xustificadas dos compañeiros de traballo.

g) A embriaguez e o estado derivado do consumo de drogas durante o traballo.

h) Viola-lo segredo de correspondencia ou documentos reservados da empresa, ou revelar a estraños a esta datos de reserva obrigada.

i) Realizar actividades que impliquen competencia desleal á empresa.

j) Os malos tratos de palabra ou obra, abuso de autoridade ou falta grave de respecto e consideración ós seus xefes ou ós seus familiares, así como ós seus compañeiros e subordinados.

k) Causar accidentes graves por imprudencia ou neglixencia.

l) Abandona-lo traballo en posto de responsabilidade, sen previo aviso.

m) A diminución non xustificada no rendemento do traballo.

n) A reincidencia en falta grave, aínda que sexa de distinta natureza, sempre que se cometan no período dun trimestre e fosen sancionadas.

Artigo 45º.-Réxime de sancións.

Correspóndelle á empresa a facultade de impor sancións nos termos do estipulado no presente convenio.

A sanción de faltas graves e moi graves requirirá comunicación por escrito ó traballador, facendo consta-la data e mailos feitos que a motivaron.

A empresa dará conta ós representantes legais dos traballadores de toda sanción por falta grave ou moi grave que se impoña.

Artigo 46º.-Sancións.

As sancións máximas que se lles poderán impoñer ós que incorran nas faltas serán as seguintes:

a) Por faltas leves:

-Amoestación verbal.

-Amoestación por escrito.

b) Por faltas graves:

-Amoestación por escrito.

-Suspensión de emprego e soldo de dous a vinte días.

c) Por faltas moi graves:

-Amoestación por escrito.

-Suspensión de emprego e soldo de vinte a sesenta días.

-Despedimento.

Artigo 47º.-Prescrición.

Faltas leves: 10 días.

Faltas graves: 20 días.

Faltas moi graves: 60 días.

Todas elas a partir da data en que a empresa tivo coñecemento da súa comisión e, en todo caso, ós seis meses de se cometeren.

Capítulo XI

Non discriminación por razón de sexo

Artigo 48º.-Prohibición de discriminación.

Os asinantes deste convenio da industria siderometalúrxica entenden que, as accións emprendidas con respecto á igualdade de oportunidades no traballo non darán orixe por si soas a unha igualdade de oportunidades na sociedade, pero contribuirán moi positivamente a conseguir cambios neste sentido. En consecuencia, é importante que se tomen as medidas oportunas para promove-la igualdade de oportunidades.

1. Obxectivos da igualdade de oportunidades no traballo.

As organizacións asinantes coinciden en que son obxectivos importantes para logra-la igualdade de oportunidades sistemática e planificada os seguintes:

-Que tanto as mulleres coma os homes gocen de igualdade de oportunidades en canto ó emprego, a formación, a promoción e o desenvolvemento no seu traballo.

-Que mulleres e homes reciban igual salario por traballo de igual valor, así como que haxa igualdade en canto ás súas condicións de emprego en calquera outro sentido del.

-Que os postos de traballo, as prácticas laborais, a organización do traballo e as condicións laborais se orienten de tal xeito que sexan adecuadas tanto para as mulleres como para os homes.

Para lograr estes obxectivos teranse especialmente en conta tódalas medidas, subvencións e desgravacións que ofrecen as distintas administracións, así como os fondos nacionais e internacionais.

2. Instrumentos para acadar estes obxectivos.

Para asegura-la aplicación das medidas de igualdade de oportunidades no traballo, constituirase unha comisión para o efecto no ámbito nacional deste convenio.

A composición desta comisión será paritaria e estará composta polas partes asinantes del.

Capítulo XII

Dereitos sindicais

Artigo 49º.-Dereitos sindicais.

As partes asinantes deste convenio, que respectan a Lei orgánica de liberdade sindical e mailas disposicións do Estatuto dos traballadores que conforman os dereitos sindicais, pactan as seguintes estipulacións que pretenden un máis fácil uso dos textos legais.

a) Os representantes sindicais que participen na comisión negociadora deste convenio, mantendo a súa vinculación como traballadores en activo dalgunha empresa do metal, terán dereito á concesión dos permisos retribuídos que sexan necesarios para o adecuado exercicio do seu labor como negociadores de tales convenios.

b) Dereito á acumulación de horas retribuídas de que dispoñan os delegados sindicais para o exercicio das súas funcións, nun ou varios destes, sen supera-lo máximo total legalmente establecido.

c) Dereito a que, cando nunha empresa exista un número mínimo de tres delegados sindicais dunha mesma central sindical, un deles poida asumi-la representación para aquelas cuestións que trascendan do ámbito dun centro de traballo.

Capítulo XIII

Comisión mixta

Artigo 50º.-Comisión mixta.

As partes asinantes acordan establecer unha comisión mixta como órgano de interpretación e vixilancia do cumprimento do pactado neste convenio.

Artigo 51º.-Composición.

A comisión mixta estará composta, de forma paritaria, por catro representantes dos sindicatos asinantes e catro dos empresarios, os cales, de entre eles, designarán secretarios.

Esta comisión poderá utiliza-los servicios ocasionais ou permanentes de asesores en cantas materias sexan da súa competencia. Os citados asesores serán designados libremente por cada unha das partes.

Artigo 52º.-Estructura.

A comisión mixta terá carácter provincial para todo o ámbito territorial do convenio e terá a súa sede na Coruña. De acordo coa natureza dos asuntos que lle sexan sometidos, a comisión mixta provincial poderá delegar en comisións mixtas descentralizadas.

Cando os temas incidan na interpretación do pactado, unicamente será competente a comisión mixta provincial.

Artigo 53º.-Procedemento.

Os asuntos sometidos á comisión mixta revestirán o carácter de ordinarios e extraordinarios. Outorgarán a dita cualificación as partes asinantes deste

convenio. No primeiro suposto a comisión mixta deberá resolver no prazo de 30 días e no segundo suposto, o prazo será de 7 días.

Poderá proceder a convoca-la comisión mixta calquera das partes que a integran e as consultas que se sometan a ela deberán inescusablemente, ser presentadas ou avaladas por algunha das partes integrantes.

No prazo de 3 meses desde a publicación no BOP do presente convenio, a comisión mixta provincial procederá á constitución das comisións mixtas delegadas a que fai referencia o artigo anterior. En canto ó funcionamento das devanditas comisións mixtas será de aplicación o disposto para a comisión mixta provincial.

Artigo 54º.-Funcións.

1. Interpretación do convenio.

2. Vixilancia do cumprimento do pactado.

3. Recepción e distribución de informes sobre materiais que lle interesen ó sector (análise da situación económico-social, política de emprego, formación profesional, productividade, etc.).

Na primeira reunión da comisión mixta, esta deberá determina-lo seu sistema de funcionamento de acordo co previsto no presente convenio colectivo.

Artigo 55º.-Lexislación complementaria.

En todo o non pactado expresamente neste convenio observarase o disposto en cada materia polo Estatuto dos traballadores e demais lexislación vixente.

Artigo 56º.-Servicio militar.

O traballador que se incorpore a filas con carácter oficial ou voluntario, polo tempo mínimo de duración deste, terá reservado o seu posto de traballo, durante o tempo que permaneza cumprindo o servicio militar e dous meses máis, computándose todo este tempo para efectos de antigüidade na empresa.

Durante o tempo da súa permanencia no servicio militar, o traballador terá dereito a percibi-las gratificacións extraordinarias sinaladas neste convenio.

Poderán reintegrarse ó traballo os licenciados do servicio militar, con permiso temporal superior a un mes, sendo potestativo da empresa facelo cos que desfruten permiso de duración inferior ó sinalado, sempre que en ámbolos casos medie a oportuna autorización militar para poder traballar.

O traballador fixo que ocupe a vacante temporal dun compañeiro en servicio militar, ó regreso deste volverá ó seu antigo posto na empresa. Se a substitución fose efectuada por un traballador alleo á empresa contratado interinamente para substituílo, no momento do retorno do fixo, cesará sen dereito a indemnización ningunha se se lle notificou co prazo de oito días de antelación, aboándoselle esta se non se lle comunicase.

A non reincorporación do traballador fixo en servicio militar dentro do prazo de reserva do seu posto dará lugar á rescisión do seu contrato de traballo, salvo en caso de enfermidade, comunicada á empresa por escrito dentro do referido prazo de dous meses e debidamente xustificada, na que se reservará o posto ata que sexa dado de alta da dita enfermidade.

Artigo 57º.-Licencias retribuídas.

A tódolos traballadores que o soliciten, e logo de xustificación da súa necesidade, seranlles consideradas licencias sen perda de retribución, polos motivos seguintes:

a) Por casamento: quince días naturais en caso de que un dos cónxuxes sexa o propio traballador, e un día natural se o fose de irmáns, fillos ou pais.

b) Por parto da esposa: tres días naturais, que se poderán ampliar ata dous máis cando o traballador necesite realizar un desprazamento para o efecto.

c) Por enfermidade grave de pais, avós, fillos, cónxuxes e irmáns: tres días naturais, que se poderán ampliar ata dous máis cando o traballador teña que realizar unha viaxe para o efecto.

d) Por falecemento de pais, pais políticos, avós, fillos, netos, cónxuxes e irmáns: tres días naturais, que se poderán ampliar ata dous máis cando o traballador teña que realizar un desprazamento para o efecto.

Dous días naturais en caso de enfermidade grave ou falecemento de parentes ata o segundo grao de afinidade, que se ampliarán a catro días naturais se se necesita realizar desprazamento.

e) Por traslado de domicilio habitual: un día.

f) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal. Cando conste nunha norma legal ou convencional un período determinado, aplicarase o que esta dispoña en canto á duración da ausencia e á súa compensación económica.

g) Polo tempo necesario para acudir a consulta médica da Seguridade Social co límite establecido no número cinco do artigo 60 da ordenanza que di do seguinte modo: polo tempo necesario nos casos de asistencia a consulta médica de especialista da Seguridade Social, cando coincidindo o horario de consulta co de traballo prescriba a dita consulta o facultativo de medicina xeral, debendo presentar previamente o traballador ó empresario o parte xustificativo da referida prescrición médica. Nos demais casos, ata o límite de dezaseis horas ó ano.

Tamén terán dereito aqueles traballadores que o soliciten a cinco días de licencia sen soldo por enfermidade ou defunción de familiares de liña recta ascendente ou descendente sen limitación, ou colaterais ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade.

As traballadoras por lactación dun fillo menor de nove meses terán dereito a unha hora de ausencia

ó traballo, que poderán dividir en dúas fraccións. A muller por vontade poderá substituír este dereito por unha reducción da xornada normal en media hora coa mesma finalidade.

Quen por razón de garda legal teña ó seu coidado a algún menor de seis anos ou a un diminuído físico ou psíquico que non desempeñe outra actividade retribuída, terá dereito a unha reducción de xornada de traballo coa diminución proporcional do salario, entre polo menos un tercio e un máximo da metade daquela.

Artigo 58º.-Reserva de posto de traballo por incapacidade temporal.

Os traballadores fixos que cesasen na empresa por pasaren á situación de incapacidade temporal e unha vez superados os 18 meses, terán dereito, ó seren declarados de novo aptos para o traballo, a seren reintegrados de novo nos postos de traballo que, con carácter normal, ocupaban na empresa na data en que causaron baixa.

Será preciso que o traballador o solicite da empresa dentro do mes seguinte á data da súa declaración de aptitude por resolución firme do organismo competente, quedando a empresa obrigada a proporcionarlle ocupación efectiva no prazo máximo de quince días seguintes á data en que o traballador formulou a súa petición de reingreso.

De non o facer no dito prazo, a empresa quedará liberada da súa obriga de readmitilo.

Artigo 59º.-Xubilación.

Os traballadores que se xubilen como máximo á idade regulamentaria de 65 anos, percibirán un premio consistente nunha mensualidade se levan na empresa de cinco a dez anos de antigüidade. Se levasen de dez a vinte anos de antigüidade, percibirán dúas mensualidades. Se levasen de vinte anos de antigüidade en diante, percibirán unha mensualidade por cada quinquenio, ata un máximo de cinco mensualidades.

Artigo 60º.-Xubilación especial ós 64 anos.

As partes acordan recomendarlles ás empresas e traballadores afectados por este convenio a utilización do sistema especial de xubilación ós 64 anos, ó 100 por 100 dos dereitos pasivos, con contratación simultánea doutros traballadores desempregados rexistrados nas oficinas de emprego, en número igual ó de xubilacións anticipadas que se pacten, por calquera das modalides de contrato vixentes na actualidade, excepto as contratacións a tempo parcial, e a modalidade prevista no artigo 15º.1 b) do Estatuto dos traballadores cun período mínimo de duración en todo caso superior ó ano e tendendo ó máximo legal respectivo, sempre e cando legalmente se estableza tal posibilidade de xubilación especial ós 64 anos, en consonancia co antes sinalado.

Artigo 61º.-Complemento de antigüidade.

O actual complemento de antigüidade queda configurado do seguinte xeito:

a) Tódolos traballadores fixos en activo no momento do asinamento do convenio, consolidarán, como

complemento persoal non absorbible nin compensable, a cantidade que lles correspondería por anos de servicio o 31 de decembro de 1997, nas contías que figuran como anexo III.

b) As ditas cantidades terán no futuro o mesmo incremento que se pacte para o resto dos conceptos salariais.

c) Os contratos que se realicen ou se convertan en indefinidos a partir do asinamento do convenio non devengarán antigüidade.

d) En compensación do disposto nos parágrafos anteriores, as pagas extraordinarias do ano 1998 e a de xullo de 1999, aboaranse por 30 días de salario base mailo complemento persoal, se é o caso, para cada unha delas. A partir de xullo de 1999, as pagas extraordinarias aboaranse por 30 días de salario base, 25 días de complemento de carencia de incentivo e 25 días de complemento de asistencia mailo complemento persoal, se é o caso, para cada unha delas.

e) A todo aquel traballador que cumpra un quinquenio entre o 1 de xaneiro e o 30 de xuño de 1998 seralle recoñecido como complemento persoal.

Artigo 62º.-Complemento de toxicidade, penosidade e perigosidade.

A excepcional penosidade, toxicidade ou perigosidade dos traballos quedarán normalmente comprendidas na valoración de postos de traballo e na fixación dos valores dos incentivos.

Cando non quede comprendida noutros conceptos salariais, aboaráselle ó persoal que deba realizar aqueles labores, unha bonificación do 20 por 100 sobre o seu salario base. A bonificación reducirase á metade se se realiza o traballo excepcionalmente tóxico, penoso ou perigoso durante un período superior a sesenta minutos de xornada, sen exceder de media xornada.

Naqueles supostos nos que moi singularmente ocorrese de modo manifesto a excepcional penosidade, a toxicidade e a marcada perigosidade superior ó risco normal da industria, o 20% pasará a se-lo 25% se concorresen dúas circunstancias das sinaladas e o 30% se fosen as tres.

Se por mellora das instalacións ou procedementos desaparecesen as condicións de penosidade, toxicidade ou perigosidade no traballo, unha vez confirmada a desaparición destas causas pola autoridade competente, deixará de aboarse a citada bonificación, podendo interporse recurso contra a decisión adoptada de acordo co procedemento legal.

A falta de acordo entre empresa e traballadores respecto da cualificación do traballo como penoso, tóxico ou perigoso, resolveráa a xurisdicción laboral competente.

Artigo 63º.-Complemento de xefe de equipo.

É xefe de equipo o productor procedente da categoría de profesionais ou de oficio que, efectuando

traballo manual, asume o control de traballo dun grupo de oficiais, especialistas, etc., en número non inferior a tres nin superior a oito.

O xefe de equipo non poderá ter baixo as súas ordes persoal de superior categoría cá súa.

Cando o xefe de equipo desempeñe as súas funcións durante un período dun ano consecutivo ou de tres anos en períodos alternos, se logo cesa na súa función manteráselle a retribución específica ata que polo seu ascenso a superior categoría quede aquela superada.

O complemento que percibirá o xefe de equipo consistirá nun 20% sobre o salario base da súa categoría, a non ser que fose tido en conta dentro do factor mando, na valoración de posto de traballo.

Artigo 64º.-Complemento de traballo en reparación de buques.

Os traballos en reparación de instalacións a bordo de embarcacións, sexan de varadoiros ou a flote, terán unha prima diaria de 143 ptas. durante a vixencia deste convenio.

Artigo 65º.-Traballo nocturno.

Considerarase traballo nocturno o comprendido entre as vintedúas horas e as seis horas, podendo ser adiantado ou atrasado, con autorización da Inspección de Traballo.

A bonificación por traballo nocturno regularase de acordo coas seguintes normas:

a) Traballando no dito período nocturno máis dunha hora, sen exceder de catro, a bonificación percibirase exclusivamente polas horas traballadas.

b) Se as horas traballadas durante o período nocturno exceden de catro, cobrarase coa bonificación correspondente toda a xornada realizada, estea comprendida ou non en tal período.

Queda exceptuado do cobro da bonificación por traballo nocturno o persoal vixilante de noite, porteiros e serenos, que sexan contratados para realizaren a súa función durante o período nocturno expresamente.

De igual maneira, quedan excluídos do mencionado suplemento, todos aqueles traballadores ocupados en xornada diúrna que teñan que realizar obrigatoriamente traballos en períodos nocturnos, como consecuencia de feitos ou acontecementos calamitosos ou catastróficos.

A distribución do persoal nos distintos relevos é incumbencia da dirección da empresa. Con obxecto de que o persoal non traballe de noite de maneira continuada, debe cambia-las quendas semanalmente como mínimo, dentro dunha mesma categoría ou oficio, salvo nos casos probados de absoluta imposibilidade, suposto no cal o comité de empresa ou delegados de persoal emitirán o informe correspondente.

Tódolos traballadores con dereito a percibir este suplemento de nocturnidade percibirán unha bonificación do 25% sobre o seu salario base.

Artigo 66º.-Traballos en días festivos.

Observarase o disposto na lexislación vixente.

Artigo 67º.-Gratificacións extraordinarias.

Aboaranse anualmente dúas gratificacións extraordinarias que se farán efectivas na primeira quincena do mes de xullo e o 22 de decembro, consistentes en 30 días de salario base mailo complemento persoal, se é o caso, 25 días de complemento de carencia de incentivo e 25 días de complemento de asistencia para cada unha delas. Ratearanse en proporción ó tempo traballado por semestres naturais do ano en que se outorguen.

Artigo 68º.-Premio ou complemento de asistencia e puntualidade.

Baséase este premio ou complemento na presencia efectiva do traballador sobre a totalidade do horario laboral.

Para premia-la asistencia e puntualidade establécese un premio ou complemento para tódalas categorías de 464 pesetas por día efectivo de traballo.

Dada a condición deste premio ou complemento:

1. Só se devenga por día efectivo de traballo.

2. Pérdese o premio ou complemento dun día por:

2.1. Unha falta de traballo.

2.2. Dous atrasos.

2.3. Dúas omisións na fichaxe ou control de entrada.

2.4. Toda ausencia ó traballo (total ou parcial), xustificada ou sen xustificar.

2.5. Toda clase de licencias retribuídas, segundo as disposicións legais vixentes ou as pactadas neste convenio.

3. Pérdese o premio ou complemento do mes por:

3.1. Tres faltas ó traballo.

3.2. Seis atrasos.

3.3. Seis omisións na fichaxe ou control de entrada.

3.4. Tres faltas leves.

3.5. Dúas faltas graves.

3.6. Unha falta moi grave.

3.7. Máis de sete días laborables en caso de enfermidade.

Non se considerarán como faltas de asistencia para os efectos de perda do premio ou complemento do mes, aquelas que sexan como consecuencia dos permisos retribuídos que se determinan no presente convenio, así como os producidos por accidente laboral; as das traballadoras por lactación dun fillo menor

de nove meses; os períodos de descanso por maternidade da traballadora e as ausencias motivadas polo desempeño das súas funcións dos membros do comité de empresa, delegados de persoal e delegados sindicais, de habelos.

Así mesmo, os días en que o traballador permaneza internado nun establecemento hospitalario, así como os días seguintes á hospitalización sen terse dado de alta, terán o mesmo carácter e tratamento cás ausencias ó traballo por accidente laboral.

Cando un traballador permaneza de baixa por incapacidade temporal (enfermidade común) e esta baixa coincida entre o final dun mes e o comezo doutro ou varios consecutivos, con relación ó segundo mes ou seguintes, sempre e cando perdese o premio ou complemento do primeiro mes, os meses segundo e seguintes recibirá o mesmo tratamento que se acorda para as baixas por accidente laboral.

Para os efectos anteriores considerarase:

1. Atrasos:

1.1. As horas exactas de entrada e saída indicaranse mediante os sinais que cada empresa estableza.

Os traballadores deberán encontrarse nos seus postos de traballo ó dárense os sinais de principio e fin de xornada.

Non cumprir con estes requisitos suporá a consideración de atraso, abandono de posto ou simulación de presencia doutro traballador.

2. Falta parcial ó traballo.

2.1. Toda fichaxe ou control de entrada que exceda de trinta minutos sobre o horario de entrada e saída durante a xornada laboral.

3. Permisos para o médico xeral e médico especialista.

3.1. Consideraranse para tódolos efectos como faltas xustificadas.

Artigo 69º.-Prestación por morte, viuvez ou invalidez.

As empresas afectadas por este convenio concertarán unha póliza de seguros que lles garanta ós seus traballadores unha indemnización de 3.000.000 de pesetas por morte, invalidez total, absoluta e gran invalidez, derivada de accidente de traballo.

Artigo 70º.-Roupa de traballo.

As empresas afectadas por este convenio, ademais de lles proporcionaren ós seus obreiros tódolos elementos de protección que determina a ordenanza de traballo, subministraranlle a cada productor dúas fundas de traballo ó seu ingreso na empresa e transcorrido un ano de servicio entregarán unha máis, e outra cada seis meses, contado desde este ano, debendo te-las ditas pezas as iniciais ou indicativos da empresa. Tamén se facilitarán dúas toallas ó ano.

Artigo 71º.-Bilingüismo.

Tódalas notas e avisos da empresa nos taboleiros de anuncios poderán ser publicadas indistintamente en galego ou castelán.

Artigo 72º.-Incapacidade temporal.

Cando o traballador se vexa afectado por incapacidade temporal derivada de accidente de traballo, ou se atope en situación de hospitalización, calquera que sexa a causa da IT, neste último suposto, a empresa aboará un complemento do 20% da base reguladora, mentres dure a situación que motivou o seu aboamento.

Artigo 73º.-Cláusula de desvinculación salarial.

As partes asinantes deste convenio acordan someterse ás seguintes normas, en tódolos ámbitos de negociación, cando algunha empresa decida soluciona-la inaplicación do incremento salarial pactado no seu ámbito correspondente.

O obxecto da presente cláusula é darlles un tratamento acorde e homoxéneo ás situacións que puidesen producirse nas empresas e co obxectivo prioritario de mante-los niveis de emprego existentes nas empresas que soliciten a aplicación dela.

Os trámites previos que terán que segui-las empresas que desexen acollerse a esta cláusula son os seguintes:

a) Comunicar, por escrito, as súas pretensións á representación dos traballadores e á comisión mixta do convenio, dentro dos dez días naturais seguintes á publicación deste no BOP ou no Diario Oficial de Galicia.

b) No prazo máximo dos trinta días naturais posteriores á comunicación anterior, entregaralles ós representantes dos traballadores a documentación acreditativa da petición:

1. Memoria explicativa das causas que motivan a solicitude.

2. Balance e conta de perdas e ganancias dos últimos tres anos.

3. Balance e conta de perdas e ganancias do ano en curso.

4. Declaración, para efectos dos impostos de sociedades, dos últimos tres anos.

5. Informe relativo ós aspectos financeiros, productivos, comerciais e organizativos da empresa.

6. Situación da empresa ante a Seguridade Social e Facenda.

c) Á vista da documentación achegada, terá lugar a oportuna negociación entre a empresa e a representación dos traballadores, co obxecto de determina-la porcentaxe que corresponda, en cada caso, de incremento salarial de aplicación durante a vixencia do convenio. Se nun prazo de dez días non é

alcanzado un acordo ó respecto, presentaralle o problema á comisión mixta do convenio, que resolverá nun prazo máximo de dez días.

d) De non existir acordo nin na empresa nin na comisión mixta nos prazos previstos, as dúas partes someteranse ó procedemento extraxudicial de solución de conflictos laborais establecidos no Acordo Interprofesional Galego (AGA) nos propios termos en que este está formulado.

e) Os acordos alcanzados establecerán, de forma obrigada, os incrementos acordados para a vixencia do convenio, así como a forma e tempo para a súa recuperación. Do acordo alcanzado daráselle unha copia á comisión mixta, co obxecto de poder levar un seguimento dos problemas do sector e revisar que se cumpran os criterios marcados.

f) Nos supostos onde non exista representación dos traballadores, a empresa, logo de comunicación escrita a estes, dirixirase á comisión mixta para os efectos previstos nos puntos anteriores.

Disposición adicional

Primeira.-Complemento de asiduidade.

Para efectos de fixación da contía do premio ou complemento de asiduidade, establécese un cómputo anual que resulta de dividi-la xornada anual pactada por 299 días de traballo efectivo, tendo en conta que nos ditos días están incluídas as vacacións anuais regulamentarias, que totalizan 138.736 pesetas.

Segunda.-Complemento de carencia de incentivo.

Para efectos de fixación da contía do complemento de carencia de incentivo, establécese un cómputo anual que resulta de dividi-la xornada anual pactada por 299 días de traballo efectivo, tendo en conta que nos ditos días están incluídas as vacacións regulamentarias, que totalizan as cantidades anuais reflectidas nas respectivas categorías.

Terceira.-No caso de que se produza un acordo ou convenio xeral do metal de eficacia xeral, durante a vixencia deste convenio, que mellore ou desenvolva o contido deste, será de aplicación, trala súa aprobación pola comisión paritaria do convenio.

Disposición derradeira

Primeira.-As partes asinantes deste convenio acordan absorber e substituír, mediante este, a ordenanza de traballo para a industria siderometalúrxica, aprobada pola orde ministerial do 29 de xullo de 1970 e aquelas que regulan as actividades incluídas no ámbito funcional do presente convenio, en virtude do previsto na disposición transitoria segunda da Lei 8/1980, do 10 de marzo, pola que se aproba o Estatuto dos traballadores, excepto en materia de clasificación, categorías profesionais e suposto recollido no artigo 57º, letra g) deste convenio.

ANEXO I

Táboas salariais 2001

Segunda.-Este convenio substitúe a ordenanza siderometalúrxica e normas anexas, de acordo co disposto na disposición transitoria segunda do Estatuto dos traballadores, polo que o seu contido normativo posúe eficacia xeral, afectando o cumprimento do pactado a tódolos traballadores e empresarios do metal, ó cumpriren as organizacións asinantes do mesmo convenio as condicións de lexitimidade e validez esixidas pola lei.

O convenio provincial para a industria siderometalúrxica non será de aplicación para aquelas empresas e traballadores que, incluídos no seu ámbito funcional, se rexan por un convenio de empresa, salvo que de mutuo acordo opten por adherirse a este convenio provincial.

Disposición transitoria

Primeira.-Comisión técnica.

As partes asinantes deste convenio crean unha comisión técnica, que estará integrada por catro representantes dos empresarios e catro dos traballadores, co cometido de estudiar e buscar unha fórmula de consenso nos asuntos seguintes:

a) Mobilidade xeográfica.

b) Mobilidade funcional.

c) Clasificación profesional.

d) Formación profesional.

Polo que respecta á mobilidade xeográfica, mobilidade funcional e clasificación profesional, a comisión establecerá, ademais, a fórmula de substitución do acordado, no suposto de que en ámbito superior se consiga unha regulación global destas cuestións.

No seu funcionamento a comisión sométese á fórmula de conciliación e mediación do AGA.

Os acordos que se logren incorporaranse ó convenio colectivo co carácter de cláusula normativa.

Segunda.-As partes asinantes do convenio provincial para a industria siderometalúrxica, tratando de consegui-la mellor regulación das actividades encadradas no seu ámbito de aplicación, para alcanzar unha equiparación dos niveis de competitividade e evita-la concorrencia desleal, constituirán unha comisión mixta que, seguindo tales principios, estudie e, se é o caso, estableza os acordos polos que se regulen as peculiaridades específicas das actividades de montaxes industriais, de tendido de liñas, electrificación de ferrocarrís, tendido de cables e liñas telefónicas.

Terceira.-As partes asinantes deste convenio comprométense a acudir, se son convocadas, á negociación dun acordo marco galego para o sector do metal.

Cuarta.-Os asinantes deste convenio acordan acollerse, no referente a conflictos individuais, ós procedementos de conciliación, mediación e arbitraxe recollidos no AGA.

CategoríasSalario

base

C. caren.

inc.

Compl.

asid.

Persoal obreiro
Peón3.450863464
Especialista3.518879464
Mozo de almacén3.518879464
Profesional de oficio de 1ª3.712929464
Profesional de oficio de 2ª3.632908464
Profesional de oficio de 3ª3.537885464

Profesionais siderúrxicos
Profesionais siderúrx. 1ª3.657914464
Profesionais siderúrx. 2ª3.598900464
Profesionais siderúrx. 3ª3.529881464

Persoal subalterno
Listeiro108.290902464
Almaceneiro107.606897464
Chofer motociclo106.786890464
Chofer turismo110.786923464
Chofer camión e guindastres automóbiles111.845932464
Conductor máqu. automób.111.845932464
Pesador e basculeiro105.556879464
Garda xuramentado ou vixilante105.248877464
Vixilante104.496871464
Cabo de gardas ou vix. xuram.109.794915464
Ordenanza104.086867464
Porteiro104.086867464
Conserxe109.213911464
Enfermeiro104.496871464
Persoal economato:
-Dependente principal108.290902464
-Dependente auxiliar104.496871464
Persoal de cociña:
-Cociñeiro108.290902464
-Cociñeiro auxiliar104.496871464
-Camareiro maior ou maiord.108.290902464
-Camareiro104.496871464
-Telefonista104.496871464

Persoal administ.
Xefe de 1ª134.7471.123464
Xefe de 2ª132.1151.100464
Caixeiro (+ de 1.000 trab.)134.7471.123464
Caixeiro (de 250 a 1.000 trab.)132.1151.100464
Caixeiro (- de 250 trab.)119.9801.001464
Oficial de 1ª119.9801.001464
Oficial de 2ª114.477954464
Auxiliar107.606897464
Viaxante119.9801.001464

Persoal técnico

Técnicos non titulad.

Técnicos de taller

Xefe de taller134.7471.123464
Mestre de taller124.8351.041464
Mestre segundo119.9801.001464
Contramestre121.9631.016464
Encargado114.477954464
Capataz especialista110.238918464
Capataz de peóns ordinarios108.290902464

Técnicos de oficina
Delineante proxectista130.0981.085464
Debuxante proxectista130.0981.085464
Delineante de 1ª120.8351.007464
Práctico en topografía120.8351.007464
Fotógrafo120.8351.007464
Delineante de 2ª113.280944464
Reproductor fotográfico108.734906464
Calcador108.734906464
Arquiveiro bibliotecario120.8351.007464
Auxiliares108.734906464
Reprod. e arqui. de planos104.940875464

CategoríasSalario

base

C. caren.

inc.

Compl.

asid.

Técnicos de oficina de organización científica do traballo
Xefe de 1ª130.0981.085464
Xefe de 2ª128.6281.072464
Técnico de organiz. 1ª120.8351.007464
Técnico de organiz. 2ª113.280944464
Auxiliar de organización108.734906464

Técn. de laboratorio
Xefe de 1ª136.5931.138464
Xefe de 2ª127.8421.066464
Analista de 1ª119.9801.001464

CategoríasSalario

base

C. caren.

inc.

Compl.

asid.

Analista de 2ª114.477954464
Auxiliar108.734906464

T. de diques e peiraos
Xefe de dique e varadoiro133.5161.113464
Xefe de peirao e encarg. xral.121.9631.016464
Buzos e homes ra130.5431.088464

Técnicos titulados
Técnicos de grao superior155.7361.298464
Técnicos de grao medio149.5491.247464
Técnicos industriais126.3391.053464

ANEXO II

Táboas salariais 2001

CategoríasS.B. anualC. caren. inc.Compl. asid.P. extrasTotal retrib.

Persoal obreiro

Peón1.259.250258.037138.736273.3501.929.373
Especialista1.284.070262.821138.736278.2301.963.857
Mozo de almacén1.284.070262.821138.736278.2301.963.857
Profesional de oficio de 1ª1.354.880277.771138.736292.3702.063.757
Profesional de oficio de 2ª1.325.680271.492138.736286.5202.022.428
Profesional de oficio de 3ª1.291.005264.615138.736279.6701.974.026

Profesionais siderúrxicos
Profesionais siderúrx. 1ª1.334.805273.286138.736288.3202.035.147
Profesionais siderúrx. 2ª1.313.270269.100138.736284.0802.005.186
Profesionais siderúrx. 3ª1.288.085263.419138.736278.9901.969.230

Persoal subalterno
Listeiro1.299.480269.698138.736284.8801.992.794
Almaceneiro1.291.272268.203138.736283.2621.981.473
Chofer motociclo1.281.432266.110138.736281.2721.967.550
Chofer turismo1.329.432275.977138.736290.9222.035.067
Chofer camión e guindastres automóbiles1.342.140278.668138.736293.4902.053.034
Conductor máqu. automób.1.342.140278.668138.736293.4902.053.034
Pesador e basculeiro1.266.672262.821138.736278.2621.946.491
Garda xuramentado ou vixilante1.262.976262.223138.736277.5461.941.481
Vixilante1.253.952260.429138.736275.7421.928.859
Cabo de gardas ou vix. xuram.1.317.528273.585138.736288.5382.018.387
Ordenanza1.249.032259.233138.736274.7221.921.723
Porteiro1.249.032259.233138.736274.7221.921.723
Conserxe1.310.556272.389138.736287.1762.008.857
Enfermeiro1.253.952260.429138.736275.7421.928.859
Persoal economato:
-Dependente principal1.299.480269.698138.736284.8801.992.794
-Dependente auxiliar1.253.952260.429138.736275.7421.928.859
Persoal de cociña:
-Cociñeiro1.299.480269.698138.736284.8801.992.794
-Cociñeiro auxiliar1.253.952260.429138.736275.7421.928.859
-Camareiro maior ou maiord.1.299.480269.698138.736284.8801.992.794
-Camareiro1.253.952260.429138.736275.7421.928.859
-Telefonista1.253.952260.429138.736275.7421.928.859

Persoal administ.
Xefe de 1ª1.616.964335.777138.736348.8442.440.321
Xefe de 2ª1.585.380328.900138.736342.4302.395.446
Caixeiro (+ de 1.000 trab.)1.616.964335.777138.736348.8442.440.321
Caixeiro (de 250 a 1.000 trab.)1.585.380328.900138.736342.4302.395.446
Caixeiro (- de 250 trab.)1.439.760299.299138.736313.2102.191.005
Oficial de 1ª1.439.760299.299138.736313.2102.191.005
Oficial de 2ª1.373.724285.246138.736299.8542.097.560
Auxiliar1.291.272268.203138.736283.2621.981.473
Viaxante1.439.760299.299138.736313.2102.191.005

Persoal técnico

Técnicos non titulad.

Técnicos de taller

Xefe de taller1.616.964335.777138.736348.8442.440.321
Mestre de taller1.498.020311.259138.736324.9202.272.935
Mestre segundo1.439.760299.299138.736313.2102.191.005
Contramestre1.463.556303.784138.736317.9262.224.002
Encargado1.373.724285.246138.736299.8542.097.560
Capataz especialista1.322.856274.482138.736289.5762.025.650
Capataz de peóns ordinarios1.299.480269.698138.736284.8801.992.794

Técnicos de oficina
Delineante proxectista1.561.176324.415138.736337.6462.361.973
Debuxante proxectista1.561.176324.415138.736337.6462.361.973

CategoríasS.B. anualC. caren. inc.Compl. asid.P. extrasTotal retrib.

Delineante de 1ª1.450.020301.093138.736315.2202.205.069
Práctico en topografía1.450.020301.093138.736315.2202.205.069
Fotógrafo1.450.020301.093138.736315.2202.205.069
Delineante de 2ª1.359.360282.256138.736296.9602.077.312
Reproductor fotográfico1.304.808270.894138.736285.9682.000.406
Calcador1.304.808270.894138.736285.9682.000.406
Arquiveiro bibliotecario1.450.020301.093138.736315.2202.205.069
Auxiliares1.304.808270.894138.736285.9682.000.406
Reprod. e arqui. de planos1.259.280261.625138.736276.8301.936.471

Técnicos de oficina de organización científica do traballo
Xefe de 1ª1.561.176324.415138.736337.6462.361.973
Xefe de 2ª1.543.536320.528138.736334.0562.336.856
Técnico de organiz. 1ª1.450.020301.093138.736315.2202.205.069
Técnico de organiz. 2ª1.359.360282.256138.736296.9602.077.312
Auxiliar de organización1.304.808270.894138.736285.9682.000.406

Técn. de laboratorio
Xefe de 1ª1.639.116340.262138.736353.2862.471.400
Xefe de 2ª1.534.104318.734138.736332.1842.323.758
Analista de 1ª1.439.760299.299138.736313.2102.191.005
Analista de 2ª1.373.724285.246138.736299.8542.097.560
Auxiliar1.304.808270.894138.736285.9682.000.406

T. de diques e peiraos
Xefe de dique e varadoiro1.602.192332.787138.736345.8822.419.597
Xefe de peirao e encarg. xral.1.463.556303.784138.736317.9262.224.002
Buzos e homes ra1.566.516325.312138.736338.6862.369.250

Técnicos titulados
Técnicos de grao superior1.868.832388.102138.736399.5722.795.242
Técnicos de grao medio1.794.588372.853138.736384.6482.690.825
Técnicos industriais1.516.068314.847138.736328.5282.298.179

ANEXO III

Complemento persoal 2001

Importe anual por ano de servicio

Sen incluír pagas extras

CategoríasS.B. anualCompl. personal

Persoal obreiro
Peón1.259.25012.593
Especialista1.284.07012.841
Mozo de almacén1.284.07012.841
Profesional de oficio de 1ª1.354.88013.549
Profesional de oficio de 2ª1.325.68013.257
Profesional de oficio de 3ª1.291.00512.910

Profesionais siderúrxicos
Profesionais siderúrx. 1ª1.334.80513.348
Profesionais siderúrx. 2ª1.313.27013.133
Profesionais siderúrx. 3ª1.288.08512.881

Persoal subalterno
Listeiro1.299.48012.995
Almaceneiro1.291.27212.913
Chofer motociclo1.281.43212.814
Chofer turismo1.329.43213.294
Chofer camión e guindastres automóbiles1.342.14013.421
Conductor máqu. automób.1.342.14013.421
Pesador e basculeiro1.266.67212.667
Garda xuramentado vixilante1.262.97612.630
Vixilante1.253.95212.540
Cabo de gardas ou vix. xuram.1.317.52813.175
Ordenanza1.249.03212.490
Porteiro1.249.03212.490
Conserxe1.310.55613.106
Enfermeiro1.253.95212.540
Persoal economato:
-Dependente principal1.299.48012.995
-Dependente auxiliar1.253.95212.540
Persoal de cociña:
-Cociñeiro1.299.48012.995
-Cociñeiro auxiliar1.253.95212.540

CategoríasS.B. anualCompl. personal

-Camareiro maior ou maiord.1.299.48012.995
-Camareiro1.253.95212.540
-Telefonista1.253.95212.540

Persoal administ.
Xefe de 1ª1.616.96416.170
Xefe de 2ª1.585.38015.854
Caixeiro (+ de 1.000 trab.)1.616.96416.170
Caixeiro (de 250 a 1.000 trab.)1.585.38015.854
Caixeiro (- de 250 trab.)1.439.76014.398
Oficial de 1ª1.439.76014.398
Oficial de 2ª1.373.72413.737
Auxiliar1.291.27212.913
Viaxante1.439.76014.398

Persoal técnico

Técnicos non titulad.

Técnicos de taller

Xefe de taller1.616.96416.170
Mestre de taller1.498.02014.980
Mestre segundo1.439.76014.398
Contramestre1.463.55614.636
Encargado1.373.72413.737
Capataz especialista1.322.85613.229
Capataz de peóns ordinarios1.299.48012.995

Técnicos de oficina
Delineante proxectista1.561.17615.612
Debuxante proxectista1.561.17615.612
Delineante de 1ª1.450.02014.500
Práctico en topografía1.450.02014.500
Fotógrafo1.450.02014.500
Delineante de 2ª1.359.36013.594
Reproductor fotográfico1.304.80813.048
Calcador1.304.80813.048
Arquiveiro bibliotecario1.450.02014.500
Auxiliares1.304.80813.048
Reprod. e arqui. de planos1.259.28012.593

Técnicos de oficina de organización científica do traballo
Xefe de 1ª1.561.17615.612
Xefe de 2ª1.543.53615.435

CategoríasS.B. anualCompl. personal

Técnico de organiz. 1ª1.450.02014.500
Técnico de oganiz. 2ª1.359.36013.594
Auxiliar de organización1.304.80813.048

Técn. de laboratorio
Xefe de 1ª1.639.11616.391
Xefe de 2ª1.534.10415.341
Analista de 1ª1.439.76014.398
Analista de 2ª1.373.72413.737
Auxiliar1.304.80813.048

T. de diques e peiraos
Xefe de dique e varadoiro1.602.19216.022
Xefe de peirao e encarg. xral.1.463.55614.636
Buzos e homes ra1.566.51615.665

Técnicos titulados
Técnicos de grao superior1.868.83218.688
Técnicos de grao medio1.794.58817.946
Técnicos industriais1.516.06815.161