Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 04 de decembro de 2001 Páx. 15.448

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

XUNTA DE COMPENSACIÓN DO POL. F6.02, PRAZA PORTICADA I DA CORUÑA

ANUNCIO.

A xunta de compensación constituída para a execución do polígono denominado POL-F6.02, Praza Porticada I, na asemblea do día 23 de outubro de 2001, aprobou inicialmente o proxecto de compensación para o referido polígono.

O que, en cumprimento do disposto no artigo 102.4º da Lei do solo de Galicia, se fai público para xeral coñecemento, sometendo o proxecto a información pública polo prazo de vinte días co fin de que poidan formularse alegacións á vista do expediente, tanto nas dependencias do Servicio Municipal de Urbanismo, sito na avenida da Mariña, 18, como na sede da xunta, r/ San Andrés, 56-8º C.

A Coruña, 7 de novembro de 2001.

Manuel Fernando López Sar

Presidente