Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 04 de decembro de 2001 Páx. 15.447

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

INSTITUTO GALEGO DE MEDICINA TÉCNICA, S.A.

ANUNCIO.

O Instituto Galego de Medicina Técnica abre o prazo de presentación de instacións para a confección das listas de candidatos para a contratación laborais temporais.

Todas aquelas persoas interesadas en participar no proceso de selección para a cobertura de postos de traballo que, con carácter temporal, poidan xurdir no instituto dentro das diferentes categorías profesionais, poden presenta-la súa solicitude no modelo existente no instituto (anexo I).

Normas xerais

Vixencia:

As listas resultantes estarán vixentes durante un ano (prorrogable), contado desde o día seguinte ó da súa publicación definitiva nos centros do instituto en Santiago de Compostela e Vigo.

Requisitos dos aspirantes:

1. Ter cumpridos os 18 anos e non exceder da xubilación forzosa.

2. Acreditar nacionalidade española ou dun país membro da Unión Europea, ou, se é o caso, dispoñer de autorización para poder residir e traballar legalmente en España.

3. Cumpri-los requisitos mínimos que sexan esixidos para a categoría de traballo á que se opte o día anterior á data de publicación da convocatoria e a titulación esixida ata o remate do prazo de presentación de solicitudes.

4. Para tódolas categorías é necesario dispoñibilidade horaria, para o traballo en diferentes quendas nocturnas ou diúrnas.

5. Cada candidato/a deberá indica-la súa preferencia xeográfica. Esta cuestión determinará que só será chamado/a para contratacións que teñan lugar na localidade que indicase.

6. Presentar copias compulsadas ou orixinais de toda a documentación requirida.

Documentación que hai presentar:

A) Solicitude asinada (anexo I).

B) Fotocopia da solicitude (para devolver selada ó candidato).

C) Fotocopia do DNI.

D) Relación documental compulsada esixida na solicitude.

Instruccións para a cobertura das solicitudes.

O modelo oficial de solicitude (anexo I), será facilitado a tódolos interesados nos seguintes enderezos: Praza Europa, Portal 5 A, 6º B (15.703 Santiago de Compostela), e/ou Estructura administrativa Medtec, Hospital do Meixoeiro, O Meixoeiro s/n (36.200 Vigo).

Nas mesmas dependencias serán publicados os diferentes perfís das categorías profesionais e o pacto de contratacións asinado pola comisión de seguemento.

Cada candidato deberá entregar unha solicitude por cada categoría á que desexa presentarse.

As solicitudes deberán axustarse ó modelo oficial desta convocatoria, quedando excluída calquera solicitude que non se axuste ó devandito formato.

As instancias entregadas fóra de prazo ou noutros formatos non serán tramitadas.

Non será admitida nengún tipo de documentación fóra do prazo estipulado, agás cando explicitamente o candidato/a faga constar na súa instancia, mediante a presentación do xustificante, que foron solicitados á correspondente empresa/organismo dentro do prazo de presentación de instancias a documentación pendente. Esta documentación só será admitida no prazo de reclamacións, logo de escrito do interesado.

Lugar e presentación de solicitudes.

As solicitudes (modelo anexo I), xunto coa documentación, deberán presentarse nas Oficinas do Instituto Galego de Medicina Técnica, nos seguintes enderezos:

Praza Europa, portal 5 A, 6º B (15.703 Santiago).

Estructura administrativa Medtec, Hospital do Meixoeiro, O Meixoeiro s/n (36.200 Vigo).

A tódolos solicitantes seralles devolta a fotocopia da solicitude indicando o número de rexistro da súa instancia. Naqueles casos nos que se envíen por correo ou vía administración, sinalarase no comprobante de recepción o número de rexistro.

O prazo de presentación de candidaturas será de 15 días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia, en horario de 9 a 14 horas.

As dúbidas serán atendidas en horario de 9 a 14, nos mesmos enderezos que se indican para a presentación de solicitudes, ou chamando ós teléfonos 981 57 76 50 e 986 81 11 89.

Julio Villar

Director xerente do Instituto Galego de Medicina, S.A.