Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 04 de decembro de 2001 Páx. 15.437

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se anuncia concurso público aberto, polo trámite de urxencia, do servicio de limpeza da Casa da Xuventude de Chantada.

A Delegación Provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude de Lugo, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, anuncia o concurso que a seguir se cita:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Dependencia que tramita o expediente: Delegación Provincial de Lugo.

c) Número de expediente: 30/2001.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición: limpeza da Casa da Xuventude de Chantada.

b) Lugar de execución: Casa da Xuventude de Chantada.

c) Prazo de execución: desde o día 1 de xaneiro ata o 31 de decembro de 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente (anticipado de gasto).

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de execución: 2.103.451 pesetas (12.642 euros), IVE incluído.

5. Garantías:

a) Provisional: non se esixe.

b) Definitiva: si. Importe: 4% do importe da adxudicación.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: delegación provincial.

b) Enderezo: Ronda da Muralla, 70-baixo.

c) Localidade: Lugo 27071.

d) Teléfono: 982 29 43 43.

e) Telefax: 982 29 43 59.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións, tódolos días laborables, agás sábados, desde as 9 ás 14 horas.

Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Intranet: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=864.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: non se esixen.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: oito (8) días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que se presentará: a que se indica na cláusula 10 do prego de cláusulas administrativas particulares e a indicada no prego de prescricións técnicas.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral do edificio administrativo da Xunta de Galicia sito na Ronda da Muralla, nº 70-baixo, ou de acordo cos procedementos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta:

e) Admisión de variantes:

9. Apertura das ofertas:

a) Entidade: delegación provincial.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, 70-baixo.

c) Localidade: Lugo.

d) Data: o terceiro día natural contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

e) Hora: 11 horas.

10. Outras informacións: os pregos de cláusulas administrativas e prescricións técnicas estarán ó dispor dos licitadores nas delegacións da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude na Coruña, Lugo, Ourense e Vigo.

11. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.

Lugo, 14 de novembro de 2001.

P.D. (Orde 19-1-1998)

Ana Chao Vázquez

Delegada provincial de Lugo