Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 04 de decembro de 2001 Páx. 15.436

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2001, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de procedemento aberto, mediante concurso público e trámite de urxencia, para a contratación do servicio de mantemento físico durante o ano 2002 dos equipos informáticos da Administración de xustiza de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servicio de mantemento físico durante o ano 2002 dos equipos informáticos da Administración de xustiza de Galicia, mediante expediente anticipado de gasto.

b) División por lotes e número: non leva.

c) Lugar de execución: o sinalado no prego de prescricións técnicas.

d) Prazo de execución: do 1 de xaneiro de 2002 ó 31 de decembro de 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base da licitación.

Importe total: 120.202,42 euros (20.000.000 de pesetas), IVE incluído.

5. Garantías.

a) Provisional: 2.404,05 euros (400.000 pesetas).

b) Definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais. Secretaría Xeral.

b) Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3ª planta.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Teléfonos: 981 54 62 24/54 45 17.

e) Telefax: 981 54 46 96.

f) Data límite para obtención de documentos e información: a mesma que para a presentación das ofertas.

g) Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet:

http://www.xunta.es/contratacion.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación:

Grupo III, subgrupo 3, categoría A.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite da presentación: o prazo comezará o día seguinte ó da publicación do presente anuncio no DOG e rematará o oitavo día natural, ás 14 horas, agás que o último día fose sábado ou inhábil, caso no que se prorrogará o prazo ó primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

2ª Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3ª planta.

3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses contados a partir da data de apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, sala de xuntas.

b) Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3ª planta.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Data: terá lugar en acto público, na sala de xuntas da consellería, ás 9 horas do quinto día hábil seguinte ó da data de remate do prazo de presentación das proposicións; de coincidir en sábado ou en día inhábil, trasladarase ó primeiro día hábil seguinte.

e) Hora: 9 horas.

10. Gastos do anuncio: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2001.

María José Cimadevila Cea

Secretaria xeral da Consellería de Xustiza,

Interior e Relacións Laborais