Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 04 de decembro de 2001 Páx. 15.406

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 2001, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo procedemento abreviado número 246/2001, interposto por Fernando Escariz Fernández, actuando en nome e representación do Sindicato Nacional de CC.OO. de Galicia.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu do Xulgado Contencioso-Administrativo número un de Santiago de Compostela, providencia pola que se admite a trámite a demanda correspondente ó recurso contencioso-administrativo procedemento abreviado nº 246/01, interposto por Fernando Escariz Fernández, actuando en nome e representación do Sindicato Nacional de CC.OO. de Galicia, contra a orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 30 de xullo de 2001, pola que se convoca proceso selectivo para o acceso ás categorías correspondentes ó grupo I do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia (DOG nº 160, do 20 de agosto), corrección de erros (DOG nº 189, do 28 de setembro).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ó referido xulgado, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos no Xulgado do Contencioso-Administrativo número un de Santiago de Compostela no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2001.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública