Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 03 de decembro de 2001 Páx. 15.394

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 2001, da Dirección Provincial de Ourense, pola que se anuncia concurso público P.A. 6/2001 para contratación do servicio de limpeza.

A Dirección Provincial do Servicio Galego de Saúde de Ourense, en virtude das atribucións que ten delegadas, de acordo co establecido no artigo 7 i da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio), da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, e da autorización do director xeral de Recursos Económicos do 5 de xuño de 1998, convoca o seguinte concurso público para contratación do servicio de limpeza das dependencias da dita dirección provincial.

1. Obxecto: limpeza dos dous andares ocupados pola Dirección Provincial do Sergas en r/ Xoán XXIII, 27-29, (Ourense).

2. Tramitación, procedemento, e forma de adxudicación:

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

3. Prazo de execución:

Desde a notificación ó adxudicatario ata o 31 de decembro do ano 2002.

4. Orzamento máximo de licitación:

Vinteún mil trinta e cinco con corenta euros (21.035,40 euros) anuais, IVE incluído (3.499.996 pesetas).

5. Garantías:

Provisional: 2% do orzamento de licitación: 420,71 euros (70.000 pesetas).

Definitiva: 4% do orzamento de licitación: 841,42 euros (140.000 pesetas).

6. Nome e enderezo do servicio ó que se pode solicita-la documentación: Servicio Galego de Saúde, Dirección Provincial de Ourense, rúa Xoán XXIII, nº 27-2ª planta (Secretaría Provincial). Teléfono: 988 38 59 44. Fax: 988 38 55 60.

7. Presentación de ofertas:

a) Data límite: o prazo de admisión rematará ás 14 horas do décimo terceiro día natural seguinte á publicación do anuncio de concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado, o prazo entenderase prorrogado ata as catorce horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que se debe presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lingua ou linguas nas que se deben redactar: castelán ou galego.

d) Lugar de presentación: en sobre pechado e selado, e no prazo sinalado, presentaranse as ofertas no rexistro da mencionada Dirección Provincial do Sergas en Ourense, ou por correo. Neste último caso, deberáselle anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telegrama e xustificarase a data da imposición do envío na oficina de correos.

e) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a apertura das ofertas.

8. Data, hora e lugar da dita apertura: a partir das 10 horas do oitavo día natural seguinte ó peche do prazo de admisión de ofertas, no enderezo indicado no punto 6.

9. Criterios que se seguirán para adxudica-lo contrato: ve-la folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

10. Variantes: ve-la folla de especificacións do PCAP.

11. Información complementaria: ve-lo PCAP.

12. Anuncios: o importe do anuncio desta resolución en prensa e nos boletíns oficiais será por conta do adxudicatario.

Ourense, 19 de novembro de 2001.

Eliseo Lorenzo Carballo

Director provincial de Ourense en funcións