Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 03 de decembro de 2001 Páx. 15.394

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 24 de setembro de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de requirimento de pagamento ó debedor que se relaciona (expediente LU-81/010, conta 60).

En cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co establecido nos artigos 1124, 1504, 1501 e 1091 do Código civil, notifícaselle ó interesado cos datos e domicilio que a continuación se relacionan, o requirimento de pagamento dos recibos pendentes e que ascenden á cantidade que se sinala, facéndoselle constar que se irán incorporando ó total da débeda os posteriores vencementos que resulten non pagados e que lle serán reclamados por tódolos medios legais.

Tendo en conta as obrigas derivadas do contrato subscrito por vostede coa Xunta de Galicia e de acordo co establecido no artigo 84 da Lei 30/1992, do 25 de novembro, e no artigo 142 do Regulamento de VPO, aprobado por Decreto 2114/1968, do 24 de xullo (BOE do 7 de xullo), concédeselle un prazo de dez días hábiles para que se poña ó día nas súas obrigas, ou compareza na delegación provincial en trámite de audiencia, co fin de presenta-los documentos ou xustificacións que considere convenientes ó seu dereito.

En caso contrario, procederase á resolución do seu contrato e iniciación do oportuno expediente de desafiuzamento, co conseguinte lanzamento da vivenda, para a súa posterior adxudicación a outro beneficiario.

Lugo, 24 de setembro de 2001.

Eugenio Basanta Curbera

Xefe de Área Provincial de Lugo

ANEXO

Jacinto Sotillo Castillo.

Expediente: LU-81/010.

Conta nº 60.

Enderezo: Ronda de Fingoi, 12-3º D. 27002 Lugo.

Importe da débeda: 580.204 pesetas.