Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 03 de decembro de 2001 Páx. 15.377

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (85/2001).

Eu, Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño:

En autos seguidos perante este Xulgado do Social, tramitados baixo o número 85/2001 por instancia

de José Castro Pena contra o Inem e empresa Gandelas, S.L. sobre desemprego, dictouse a seguinte sentencia:

Na Coruña, 6 de novembro de 2001.

Jorge Hay Alba, maxistrado-xuíz do Social número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuízo número 85/2001 seguidos por instancia de José Castro Pena, maior de idade, asistido polo letrado Francisco Pampín Miras, contra o Inem, representado e asistido polo letrado Juan Amado Domínguez e a empresa Gandelas, S.L., que non compareceu nos autos, sendo o obxecto da reclamación, desemprego.

Seguen feitos e fundamentos de dereito.

Decido que, desestimando a demanda interposta por José Castro Pena contra o Inem e a empresa Gandelas, S.L., debo absolver e absolvo os codemandados dos pedimentos contidos nela.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra a referida só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándose ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentencia, do que coñecerá, se é o caso, a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tal como establece o artigo 188 do texto refundido da lei aprobado polo Real decreto lexislativo 2/1995, do 7 de abril.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación á empresa Gandelas, S.L. mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, que ten o seu enderezo descoñecido, expido e asino esta cédula na Coruña o 6 de novembro de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado