Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 03 de decembro de 2001 Páx. 15.377

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA

EDICTO (4962/2001).

Polo presente edicto faise saber que en providencia dictada no día da data, por esta sección segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, se acordou admitir a trámite o recurso interposto polo procurador Rafael Pérez Lizarriturri, en nome e representación de Consello Xeral dos Colexios Oficiais de Enxeñeiros Industriais, contra Decreto 195/2001, do 26 de xullo, da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, polo que se aproban os estatutos do Colexio Oficial de Químicos de Galicia (DOG nº 161, do 21 de agosto).

Recurso número: 02/0004962/2001.

A publicación deste anuncio servira de emprazamento para as persoas que, non tendo sido notificadas persoalmente, posúan un dereito ou interese lexítimo no citado recurso, que poderán comparecer en legal forma no prazo de nove días. Se o fixesen con posterioridade, teráselles por parte para os trámites non precluídos.

A Coruña, 8 de novembro de 2001.

Isabel Freire Corzo

Secretaria