Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 03 de decembro de 2001 Páx. 15.354

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 8 de novembro de 2001 pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 3/8173/2001, interposto por José Manuel Cousido Suárez.

Con data do 20 de setembro de 2001 recibiuse escrito do secretario da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia polo que reclama o expediente administrativo correspondente ó recurso nº 3/8173/2001 interposto por José Manuel Cousido Suárez como administrador único de Abonomar, S.L. contra a resolución do secretario xeral (por delegación do conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria) do 21 de xullo de 2001, desestimando o recurso de

alzada interposto contra a resolución do director xeral de Industrias e Alimentación do 11 de xullo de 2001, polo que se impón unha sanción no expediente ICA-PO-23/00-P.

Intentado o emprazamento a que se refire o artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, este foi devolto polo servicio de correos en dúas ocasións, nunha primeira vez, con data 28 de setembro, e na segunda ocasión, con data 19 de outubro, coa comunicación de ausente e posteriormente caducado en lista.

Esta consellería, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, acorda notificarlles esta resolución a cantos aparezan como interesados nel, emprazándoos para que poidan constituírse en parte nos autos na sección terceira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de nove días contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2001.

P.A.

José Manuel García Eive

Xefe do Servicio de Defensa da Calidade

Alimentaria