Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Venres, 30 de novembro de 2001 Páx. 15.336

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PARADELA

ANUNCIO.

No BOP nº 271, do 26 de novembro de 2001, publicáronse integramente as bases da convocatoria realizada polo Concello de Paradela para prover, mediante o sistema de concurso-oposición, as prazas vacantes

no cadro de persoal correspondentes á oferta de emprego público, do ano 2001.

-Escala de Administración xeral, subescala administrativa, administrativo, prazas (1).

-Escala de Administración especial, subescala de servicios especiais, persoal de oficios (operario), prazas (1).

Aqueles que, reunindo os requisitos esixidos na convocatoria, desexen participar neste procedemento selectivo, deberán presentar instancia no rexistro xeral deste Concello de Paradela, ou segundo o previsto no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, durante o prazo de vinte días naturais contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no BOE.

Os sucesivos anuncios relativos a esta convocatoria serán publicados exclusivamente no BOP e no taboleiro de anuncios desta corporación.

Paradela, 26 de novembro de 2001.

Eliseo López Rodríguez

Alcalde en funcións