Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Venres, 30 de novembro de 2001 Páx. 15.336

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO de concurso (referencia O2001/60).

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña. a) Dependencia: Sección de Contratación. b) Número de expediente: O2001/60.

2. Obxecto do contrato: execución das obras comprendidas no proxecto de urbanización para o desenvolvemento do Plan parcial do sector S-6, Parque de Eirís. Prazo de execución: 24 meses.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 1.317.540.911 pesetas (7.918.580,36 euros) (IVE incluído).

5. Garantía provisional: 26.350.818 pesetas (158.371,61 euros).

6. Obtención de documentación e información: a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: 981 18 42 19. e) Fax: 981 18 42 71. f) Correo electrónico: contratacion*aytolacoruna.es. g) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Clasificación: grupo A, subgrupos 1 e 2, categoría d).

Grupo E, subgrupo 1, categoría d.

Grupo G, subgrupo 6, categoría e).

Grupo I, subgrupos 1 e 6, categoría d).

Grupo K, subgrupo 6, categoría e).

8. Presentación de proposicións: a) Prazo: ata as 13 horas do día 16 de xaneiro de 2002. b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

9. Apertura de proposicións económicas e documentación técnica: a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de licitación. c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

12. Data de envío do anuncio á Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas: 26 de novembro de 2001.

A Coruña, 26 de novembro de 2001.

P.D.

Carlos González-Garcés Santiso

Tenente alcalde delegado de Contratación