Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Venres, 30 de novembro de 2001 Páx. 15.328

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 2001, da Secretaría Xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto, polo trámite de urxencia, para a subscrición duha póliza de seguros que cubra os riscos das embarcacións dependentes da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

De acordo co establecido na lexislación vixente sobre contratos das administracións públicas, a Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura anuncia a convocatoria de licitación polo sistema de concurso aberto, polo trámite de urxencia, para a subscrición dunha póliza de seguros que cubra os riscos das embarcacións dependentes da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Obxecto: subscrición dunha póliza de seguros que cubra os riscos das embarcacións dependentes da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Orzamento e tipo: catorce millóns de pesetas (14.000.000) IVE e outros impostos incluídos.

Prazo de entrega: segundo o prego de prescricións técnicas.

Documentación de interese: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas, que rexerán neste concurso, estarán á disposición dos licitadores na oficina de información da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Santiago de Compostela, San Caetano, bloque 5, así como nas delegacións territoriais pertencentes a esta consellería, durante o prazo de presentación de proposicións, os días e horas hábiles de oficina, así mesmo, poderanse obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratación/resultado.asp? N=870.

Prazo e presentación de propostas: as proposicións poderán presentarse no rexistro da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Santiago de Compostela, así como nos rexistros das delegacións territoriais pertencentes a esta consellería. O prazo de presentación rematará ás 14 horas do oitavo día natural seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

No caso de utilizar calquera dos medios previstos no artígo 100 do Regulamento xeral de contratación

do Estado, remitirase o mesmo día un telegrama ou fax á Secretaría Xeral, na que se comunique a presentación da oferta.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación, que se reunirá na Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Santiago de Compostela, ás dez horas (10 horas) do cuarto día hábil contado a partir do seguinte ó de remate do prazo de presentación de propostas sempre e cando este día non coincida en sábado ou festivo. Neste caso tal día pasará a se-lo primeiro hábil seguinte.

O importe do anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2001.

Miguel Ángel López Sieiro

Secretario xeral da Consellería de Pesca,

Marisqueo e Acuicultura