Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Venres, 30 de novembro de 2001 Páx. 15.326

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CÉDULA do 7 de novembro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente 39/2001 ALM, por infraccións en materia sanitaria.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para que o expedientado poida ter coñecemento do seu contido a resolución do expediente sancionador nº 39/2001 ALM, por infraccións en materia sanitaria, iniciado na Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais de Pontevedra.

Fáiselle saber, así mesmo, o dereito que o asiste para presentar alegacións ante esta delegación provincial no prazo de 15 días, contados desde o día seguinte á publicación da presente cédula.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ó interesado, en cumprimento

do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Pontevedra, 7 de novembro de 2001.

P.A. (Art. 16.2º, Decreto 198/1994, do 16 de xuño)

Isabel Cerqueira Ozores

Secretaria provincial da Consellería de Sanidade

e Servicios Sociais

ANEXO

Expediente nº: 39/2001 ALM.

Denunciado: Frutas A Viguesa, S.L.

Último enderezo coñecido: na estrada provincial nº 136, Vigo.

Feito denunciado: infraccióin en materia sanitaria.

Precepto infrinxido:-Artigo 2.2º 2 do Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e da producción agroalimentaria.-Artigo 3, capítulo I, punto 2º c) e punto 3º, así como do capítulo II b) c), capítulo VII, capítulo IX, punto 3º, e capítulo X do R.D. 2207/1995, do 28 de decembro, polo que se establecen as normas de hixiene relativas ós productos alimenticios.-Artigo 2 do Real decreto 1712/1991, do 29 de novembro, sobre rexistro xeral de alimentos.-Artigo 7 do Real decreto 202/2000, do 11 de febreiro, polo que se establecen as normas relativas ós manipuladores de alimentos.

Precepto sancionador:-Artigo 35 A) 1ª, 2ª da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade.

Sanción imposta: 75.000 pesetas.