Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Venres, 30 de novembro de 2001 Páx. 15.309

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 2001 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de enxeñería química, do departamento de Enxeñería Química, a José Manuel Domínguez González (praza 9/2001).

Consonte a proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 2 de febreiro de 2001 (BOE do 23), para a provisión dunha praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento

de enxeñería química, do departamento de Enxeñería Química, en prol de José Manuel Domínguez González, con documento nacional de identidade número 76707922R, e cumprindo o interesado os requisitos do número 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a José Manuel Domínguez González profesor titular de universidade da área de coñecemento de enxeñería química, do departamento de Enxeñería Química.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polo interesado, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso ante a xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Non obstante, os interesados poderán optar por interpor contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación perante o mesmo órgano que a dictou. Neste caso, non caberá interpo-lo recurso contencioso-administrativo antes citado mentres non se dicte resolución expresa ou presunta do recurso de reposición, de acordo co disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, modificadora da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 12 de novembro de 2001.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo