Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Venres, 30 de novembro de 2001 Páx. 15.306

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 14 de novembro de 2001, da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, polo que se emprazan tódolos posibles interesados no recurso contencioso-administrativo interposto contra a orde da Consellería de Medio Ambiente do 28 de outubro de 1999 (DOG número 216, do 9 de novembro), pola que se declaran provisoriamente as zonas propostas para a súa inclusión na rede europea Natura 2000, como espacios naturais en réxime de protección xeral.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, dé réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, comunícaselles a tódolos posibles interesados que foi interposto recurso contencioso-administrativo número 1/0000010/2000 perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia contra a orde arriba referenciada.

De acordo co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, empránzase tódolos posibles interesados para que poidan comparecer perante o citado tribunal no prazo de nove días contados desde o día seguinte ó da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2001.

Tomás Fernández-Couto Juanas

Director xeral de Montes e Medio Ambiente Natural