Na Asemblea Xeral de Caixa Rural de Lugo, realizada o 23 de xuño de 2001, entre outros, adoptouse o acordo, por unanimidade, de modifica-la denominación da entidade, e adopta-la de Caixa Rural Galega e, conseguintemente, a modificación dos artigos 1 e 2 dos estatutos sociais, que quedarán nos seguintes termos:
Así ben o Consello Rector da entidade en sesión do 31 de outubro de 2001 procedeu a reparar por imperativo legal, e a vista do criterio de cualificación da Dirección Xeral de Relacións Laborais da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Xunta de Galicia, a denominación aprobada, mediante a adición da acepción «Gallega»; quedando en consecuencia esta como Caixa Rural Galega, Sociedad Cooperativa de Crédito Limitada Gallega; e os artigos mencionados nos seguintes termos:
«Artigo 1º.-Denominación. Réxime xurídico.
A Caixa Rural de Lugo, Sociedade Cooperativa de Crédito Limitada, inscrita no Rexistro de Cooperativas do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais con número 523/SºMT, no Rexistro de Cooperativas da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Labo
rais da Xunta de Galicia, co número 68-SCT, no Rexistro Mercantil nº 1 de Lugo, tomo 177, folio 92 e folla LU-1651, e no Rexistro do Banco de España co número 30 da sección C), por acordo da súa Asemblea Xeral, que tivo lugar o día 23 de xuño de 2001, indica a súa denominación social, adoptando a nova de Caixa Rural Galega, Sociedad Cooperativa de Crédito Limitada Gallega.
Rexerase polo disposto nestes estatutos e, no non previsto neles, polo regulado na Lei 13/1989, do 26 de maio, de cooperativas de crédito, as súas normas de desenvolvemento, polas disposicións dictadas pola Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio das súas competencias e polas que, con carácter xeral, regulan a actividade nas entidades de crédito, así como polas disposicións que fosen de aplicación.
Con carácter supletorio, seralle de aplicación a lexislación de cooperativas.
Artigo 2º.-Personalidade xurídica.
A Caixa Rural Galega goza de personalidade xurídica e de plena capacidade de obrar».
Lugo, 21 de novembro de 2001.
O director xeral
Rubricado