Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Xoves, 29 de novembro de 2001 Páx. 15.264

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de outubro de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/131-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Ourense.

Denominación: L.M.T.S., C.T., hípica.

Situación: Allariz.

Características técnicas: liña a 20 kV subterránea, de 210 m en conductor R.H.V.-12/20 kV con orixe no derradeiro apoio da L.M.T. ó C.T. invernadoiros e remata no C.T. proxectado en caseta prefabricada na urbanización Os Invernadeiros, con 160 kVA R/T 20.000/380-220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 19 de outubro de 2001.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense