Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Xoves, 29 de novembro de 2001 Páx. 15.263

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 58/96, ampliación 2000).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: subestación Teixeiro 66/15 kV.

Situación: Curtis.

Descricións técnicas: ampliación da subestación eléctrica de Teixeiro 66/15, consistente en: nova posición de liña a 66 kV integrada por: cela blindada de liña a 66 kV contendo seccionador tripolar, trafos de intensidade e de tensión e seccionadores de barras e de liña con P.A.T. Transformador intemperie para servicios auxiliares de 160 kVA e tensións de 66/15 kV. Interconexión entre barras da subestación de Teixeiro e da subestación de Sidegasa a 66 kV, mediante conductor baixo tubo, con cable illado 38/66 kV de 3 (1x630) mm Al, de 150 m de lonxitude. Curtis.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día

seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.

A Coruña, 18 de outubro de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña