Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Xoves, 29 de novembro de 2001 Páx. 15.260

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/126-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle.

Denominación: L.M.T.S., C.T., Campus-II.

Situación: Ourense.

Características técnicas: liña a 20 kV subterránea, con orixe na L.M.T. subterránea ó C.T. Campus-I e remata na L.M.T. subterránea ó C.T. tras hospital logo de alimenta-lo proxectado en caseta prefabricada con 250 kVA, R/20.000/380-220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 17 de outubro de 2001.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense