Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Xoves, 29 de novembro de 2001 Páx. 15.260

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica que se cita. (Expediente 191/2000).

Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polas instalacións da liña eléctrica aérea a 15/20 kV, de 601 m de lonxitude e centro de transformación no lugar de Souto, no termo municipal de Arteixo, (expediente 191/2000), por resolución desta delegación provincial de data 5 de xuño de 2001, a favor da entidade beneficiaria Unión Fenosa Distribución, S.A. con enderezo na avda. de Arteixo, nº 171, 15007 da Coruña.

Esta delegación acorda sinala-lo día 19 de decembro de 2001 para o levantamento das actas previas á ocupación, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56 do seu Regulamento do 26 de abril de 1957, nas que se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución no taboleiro de edictos do concello de Arteixo, deducida da que se someteu a información pública no DOG, BOP e no xornal El Ideal Gallego de datas 7-11-2000, 19-10-2000 e 13-10-2000, respectivamente, acto ó que deberán concorre-los propietarios propostos dos predios afectados, ós que se lles practicará notificación individual sinalándoselles os horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento de actas nas oficinas da referida casa do concello.

Esta publicación realizarase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da citada Lei de expropiación forzosa.

A Coruña, 17 de outubro de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña