Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Mércores, 28 de novembro de 2001 Páx. 15.208

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ANUNCIO do 6 de novembro de 2001, da Dirección Xeral de Urbanismo, pola que se somete a información pública o proxecto sectorial para a creación dun espacio dotacional público na illa de Cortegada (Vilagarcía de Arousa).

En atención ó acordado polo Consello da Xunta de Galicia, na súa sesión do 27 de setembro do ano que corre, e en cumprimento do disposto nos artigos 25 da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, e 13 do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, sométese a información pública o proxecto sectorial para a creación dun espacio dotacional público na illa de Cortegada (Vilagarcía de Arousa) polo prazo dun mes contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante o dito prazo, calquera persoa poderá examinalo, en horario de oficina, nas dependencias da Dirección Xeral de Urbanismo, sitas nos edificios administrativos de San Caetano, en Santiago de Compostela,

e presenta-las alegacións, documentos e xustificacións que considere pertinentes.

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2001.

José Jesús Cudeiro Mazaira

Director xeral de Urbanismo