Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Mércores, 28 de novembro de 2001 Páx. 15.208

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 2001 pola que se modifica o calendario de reunión do xurado do concurso de ideas no nivel de anteproxectos para a construcción dun auditorio en Marín (Pontevedra).

A Resolución do 22 de outubro de 2001, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 208, do 26 de outubro, establece no seu punto 8 o calendario de reunión do xurado.

Co obxecto de lles permitir ós membros do xurado que dispoñan de máis tempo para a análise dos anteproxectos,

RESOLVO:

O xurado fará pública a súa proposta, na sede da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, o día 10 de decembro ás 12 horas, é dicir, o décimo segundo día contado desde a data de presentación da documentación e anteproxectos.

Esta modificación non afecta ós demais extremos do anuncio.

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2001.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda