Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Martes, 27 de novembro de 2001 Páx. 15.176

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-422).

Por resolución desta Alcaldía nº 5361/2001, de data 17 de outubro de 2001, acordouse aprobar inicialmente os estatutos e bases da futura xunta de compensación do polígono I da UE nº 14 Ponte Pasaxe Sur, en Perillo, tramitados pola comisión xestora.

Acordouse, así mesmo, proceder á exposición pública do expediente nas oficinas municipais de Urbanismo de 9 a 13 horas tódolos días laborais, polo prazo de vinte días, a través de anuncios no DOG, prensa e taboleiro de anuncios, que computará desde a última publicación, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que se estimen oportunas.

Oleiros, 24 de outubro de 2001.

Esther Pita Pita

Alcaldesa presidenta